Seguidores e seguidoras

venres, 13 de febreiro de 2026

Máis fotos da nosa ría

 Van unhas cantas fotos mais destes días na ría, onde seguimos con tempo chuvioso (que vaia parando un pouco que isto xa é pasarse, mesmo para Galiza).

Choiva entrando desde Mugardos
OM-1 + Pana 14-42 mm  f:5,6   ISO:1600   V:1/160   F:5,6

Navegando pola ría a bordo do Seat Arona

     O outro día perdín a oportunidade de fotografar un picapeixe por pura mala sorte. Co desconfiados que son, atopei un exemplar pousado nun peirao a pouca distancia que semellaba non terme detectado. A modiño baixei a ventaniña e collín a cámara para disparar pero cando quixen focar ao picapeixe non vía nada polo visor porque se lle movera o regulador dióptrico. No tempo que tardei en regular de novo o visor o picapeixe xa me víu e marchou. 

  Una parella de gaivotas patimarelas colaborou mais. A primeira toma, con ISO moi alto, góstame mais en cuanto á exposición. Porén, ún dos suxeitos aparece desenfocado e curtado. É o malo dunha focal fixa: tes que afinar ben o encuadre. 

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:12800   V:1/160   F:4

 Na segunda xa compuxen mellor, mas ficou algo escura para o meu gosto. Probei a a subir a exposición co Lightroom pero non me convencía o resultado.

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:3200   V:1/80   F:4

 En calquer caso, poder desfrutar deste novo equipamento é un pracer. Moito teño sufrido nestes días de choiva interminábel cando usaba cámaras bridge de sensor 1/2,3". Que eran (e son) marabillosas, mas non están deseñadas para disparar en condicións tan adversas. Por 500 euros que valían tampouco se lles pode esixir algo así.

xoves, 12 de febreiro de 2026

Unha mañá relaxada

  Non sei nen cómo cualificar o día de ontes, por mor desa longa cadea de acontecimentos que vivín;  algúns graves, outros desesperantes e outros mesmo cun toque surrealista. Porque non contei que mentras tentaba parcar o carro dando voltas polo barrio, semellou que todos os adolescentes que saían do instituto se puxeran dacordo para facerme frear cando eu tiña preferencia de paso nos semáforos. De verdade que daban ganas de acelerar e que algún rematase a conversa de whatssap no cemiterio. Xa está ben de ter que parar o coche porque un túzaro vai atendendo o teléfono e non ve que está en "esperen peóns". O dos zombies do móbil non é nin medio normal.

   En fin, foi ún deses días en que ten que haber unha cámara oculta grabando todo ou non se entende (xa ofrezo a Scorsese o título para a película: "Jo, que día!"). Agardo que este xoves ou quinta feira veña máis relaxado. E para tal fin imos poñer unhas fotos tomadas este mencer.

Estaleiro de Navantia-Ferrol (BAZAN) desde a praia de Maniños, Fene
OM-1 + Panasonic 14-42 mm  f:5,6   ISO:1600   V:12/5 seg    F:6,3

   Son tomas realizadas desde o capó do carro, con unha saca de lentellas coma única base firme. Un grande invento que fai as veces do tripé sempre que haxa unha certa altura onde poñer a bolsa. Por suposto con autodisparo (hai aplicacións para facer disparo remoto desde o teléfone mas non gosto delas). E para facer paisaxes vale ben así.

Estaleiro de Navantia-Fene (ASTANO) desde a praia de Maniños, Fene
OM-1 + Panasonic 14-42 mm  f:5,6   ISO:400   V:1 seg    F:7,1

  Bon, cómpre aclarar que Navantia-Fene xa non é un estaleiro, senón unha fábrica de eólica mariña con algunha reparación naval ocasional e pouco máis. 

Como vedes Bichos e de demáis familia ten agora unha dupla personalidade, alternando entradas de carácter 100% naturalista con outras 100% fotográfica, mais ao estilo de Instagram ou Flickr. É a vantaxe de ter un blogue. Podes variar o contido, o deseño da páxina ou mesmo o enfoque das publicacións, que nestes últimos tempos están a ser unha pequena escola de aprendizaxe persoal para coñecer mellor o novo equipamento, tanto óptico coma informático. Cada foto que vedes publicada foi revelada antes dúas, tres ou cinco veces con parámetros diferentes, ata que sae unha da que gosto máis e daquela xa a subo. Mas antes boto tempo traballando coa temperatura ou saturación de color, comprobando o encuadre a 16:9, 16:10 ou 2:3 mentras toleo coa regra dos famosos dous terzos, ollando o nivel de detalle e equilibrando a redución de ruido, etc..

   Resumindo, este blogue está a ser agora unha plataforma que emprego para aprender o revelado dixital. Para os seguidores menos entusiastas da fotografía e si do naturalismo, prométovos que na primavera imos voltar con cousas chulas. Xa sabedes... bicharía miúda.

mércores, 11 de febreiro de 2026

Un día de furia

  Si alguien recuerda la película "Un día de furia" (dirigida por Joel Schumacher y protagonizada por Michael Douglas) pues algo así ha sido mi día de hoy. "Amenizado" con graves conflictos familiares; una crisis personal de algún amigo al que tuve que echar una mano; problemas en la vivienda intentando entenderme con mis vecinos vietnamitas que no hablan español (muy buena gente, ojo); mujeres latinas ejerciendo su maleducación habitual en la cola del supermercado y el mascotista de turno echándole la culpa de su negligencia a la perrita "Lola" que sólo tuvo la mala suerte de caer en las manos equivocadas. 

    En fin, menos mal que aquí no tenemos armas. Ni las queremos. Ya nos llega con el viento y la lluvia, que nos están dando otro día de furia:

Mapa de alertas hoy en Galiza (AEMET)

 Es posible que mañana me tome un día libre en el trabajo porque lo de hoy ha sido una sobrecarga emocional muy fuerte, cuando aún sigo sufriendo por el duelo. Habrá que que salir a tomar el aire de este invierno tan duro que nos ha tocado.