Bruite (Gyps fulvus)

Bruite planiando na serra qu’estrema El Mazucu de Porrúa, nos alredores del Picu Biḥorcu (Llanes) (21/9/2025).

Condo empecéi a recoyer y apuntar palabras del galego-asturiano, muitas d’elas referíanse a realidades que nun conocía. A mediaos dos anos 80, búa parte del patrimonio etnográfico taba desaparecendo y tamén ben oficios y labores tradicionales que nunca presenciara en vivo y dos que namáis sabía pol que me cuntaban os veyos. Tamén me falaban de prantas y animales que xa nun s’atopaban pola contornada. Cuntábanme das bruites (Gyps fulvus), úas paxarúas que comían carroña, pro qu’había décadas que nun se vían por alí. Claro, conocía a especie da televisión y dos libros, pro nunca me tocara ver úa, ou alomenos nunca reparara nelas engalando aló enriba. Quén m’había a dicir a min qu’al pouco tempo iba chegar a tocalas.

En 1991, núa colaboración del asociación Xeira con FAPAS, amañóuse un proyecto de reintroducción da bruite nel interior del estremo occidental d’Asturias, d’unde a especie desaparecera a últimos dos anos 40 pol uso del veleno. A bruite é un animal carroñeiro que, como s’alimenta d’animales mortos, ten un papel fundamental na cadía trófica al limpar el monte y evitar infeccióis. A xente deu en envelenar cebos pra matar lobos y outros animales, y as bruites sufriron, y por desgracia einda sufren, os efectos. Eso pasóu en toda a península ibérica y, concretamente, tamén nel lugar de Santesteba, nel conceyo d’Eilao. Alí cerca, núas penas altas al pé del Río Navia conocidas como Penamayor, aniaban muitas d’estas aves, pro xa había décadas qu’os níos taban baleiros. Pintóu qu’aquel lugar de casas emporondadas na veira del río era el sito al xeito pral proyecto. Ademáis, en muitos papeles referíanse a él como San Esteban de los Buitres, conque discurrimos el eslogan Santesteba… outra vez das Bruites pra un cartel que difundimos. Recuperación medioambiental, toponímica y lingüística todo a un tempo.

Trouxéronse bruites einda novas de Navarra, d’un centro de recuperación d’estos animales, y tuvéronse atadas alí, nun prao, mentres s’alimentaban y s’avezaban al sito. Acórdome con señardá d’aquel brao, camín de Santesteba dende a marina, axudando a pintar as ventás da escola veya del lugar, amañada pol Conceyo pra usala como base d’operacióis. Desque chegaron as bruites, xa entrao el outono, empezaron os viaxes pra tresportar conexos y xatos mortos que nos daban pra botaryes de comer. Úa bruite que chegara mancada tuvera recuperándose na cortía da casa del presidente de Xeira. ¡Qué medo daba ter mao d’ela con outros máis pra prendela ou pra ver cómo evolucionaban as mancaduras! Impoñían aquelas poutas y aquel pico diseñao pra esgazar a carne morta.

A bruite aveza a planiar col pescozo encoyido, anque lo espurre se ten qu’outiar en busca d’alimento. El Picu Biḥorcu (Llanes) (21/9/2025).

Como remate del proyecto, chegóu el hora de ceibar as bruites pra qu’engalaran solas. Nun houbo seguimento por radiotresmisores y nun se sabe qué camín seguiron. A realidá constatable é qu’anos despóis empezaron a verse bandos d’elas polas serras del occidente que nun se rexistraran hasta entoncias. Acórdome nun día d’abril del ano 2000 a impresión que foi chegar al Campo Entarríos, en Eilao, pra ver a Llastra da Filadoira, y atopar alí un bando de dez bruites pousadas que marcharon axina al sentirnos. De momento nun hai constancia de que se reproduciran nel interior montuno del estremo occidental d’Asturias, pro nas últimas décadas si tán rexistradas parexas reproductoras nel centrooccidente, condo hasta agora namáis se sabía de níos nel centro y nel oriente.

Indo de monte pol interior d’Asturias nun costa caro velas porque esta especie pode engalar centos de quilómetros en busca d’alimento. Reparas núa, ves outra un pouco máis aló y, cuase sin decatarte, empezan a outiarse máis y máis, planiando aló enriba, sin mover cuase as alas, aprovetando os correntes d’aire como se foran barcos de vela. Son impresionantes. Hai que reparar en que, cuas alas estendidas, úa bruite pode chegar a ter máis de dous metros y medio d’ancho.

Antano cuase nun había basura, pro el pouco que se tiraba, sobre todo restos d’animales mortos, iba a sitos fóra das vilas y ciudades, y alí se presentaban aves carroñeiras como as bruites. Quizáis d’ei veña un topónimo como A Bruiteira, al pé da vila costeira de Castripol. A palabra bruiteira vén de bruite, el xeito común de chamarye á especie en galego-asturiano, anque el primeiro vocabulario d’esta variedá lingüística, el d’Acevedo y Fernández, publicao en 1932, namáis rexistra a denominación bruita, recoyida pol primero dos autores en Bual. Nun sei se é porque os demáis vocabularios recoyéronse condo xa nun se vían estas aves pol occidente asturiano, pro a realidá é que namáis os da Veiga, Mántaras y Ponticella tein datos: os tres rexistran a forma bruite. El habla del Valledor, de Celso Muñiz, al exemplificar combinacióis fonéticas apunta a palabra buitre, pro debe tratarse d’un dato de memoria pouco contrastao porque pinta un resultao casteyano se comparamos col resultao auctóctono recoyido despóis nesa zona ayandesa.

Núa grabación del Atlas Sonoru de la Llingua Asturiana, us vecíos de Lixóu (Pezós) mencionan a bruite al falar de ditos dos pegureiros pra cuidar del gao. «Cuando vexas el corvo, regálaye el oyo», dicíase, avisando de qu’había que tar atentos porque, condo os lobos andaban rondando, os corvos aparecían esperando que yes tocara daqué del cadabre. Pro tamén se dicía que «se ves a bruite, tarde fuiche», dando a entender que xa era demasiao tarde pra recuperalo con vida.

A silueta da bruite é inconfundible, cos sous «didos» (plumas primarias) tan largos y separaaos nas puntas das alas pr’axudarye col aerodinámica. El Picu Biḥorcu (Llanes) (21/9/2025).

Os datos inéditos que teño sobre a denominación de Gyps fulvus en galego-asturiano namáis son das formas bruite y bruita, todas en feminino. A segunda, máis minoritaria, sentínla en Armal (Bual) y San Xuyán (El Franco), mentres qu’a primeira apuntéila en Balmonte y Os Niseiros (Castripol), Molexón, Zreixido y Tremiado (A Veiga), O Chao (San Tiso d’Abres), Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Vivedro (Cuaña), Castriyón (Bual), Santesteba, Cachafol y Navedo (Eilao), Pezós, Castro (Grandas), Corondeño (Ayande) y Mourentán (Ibias).

El feito de qu’a denominación seña sempre en feminino dáse tamén nos nomes que se rexistran en asturiano: dende el occidental bruite ou bruita (este último recoyido en Tox), hasta outros como butre, butrie, abutre, buitre, güitre, uitre y el máis xeneral utre, con variantes como utra, utria y incluso a forma masculina utru.

En galego, na veira máis achegada a Asturias, na Ribeira de Piquín, tamén ta rexistrada a forma feminina bruite, pro as demáis que recoyen os vocabularios, agá a forma bruita, xa feminina en por si con ese acabo, son en masculino: dende a forma escoyida como estándar, voitre, hasta outras variantes como broite, avoitre, avutre, vutre, brute, odre, voutre, vóutere ou vóitor (a pesar da variedá ortográfica das fontes, delantre de vocal unifícolas con -v- porque a normativa d’esta lingua sigue a etimoloxía latina). En portugués a forma estándar é abutre.

Subindo a picos altos, é posible ver bruites dende enriba. Merece a pena. Pódese estremar ben a coloración ocre del corpo y a máis escura nas alas rectrices y nel rabo. El Picu Biḥorcu (Llanes) (21/9/2025).

En casteyano, según esplica Bernís, as primeiras mencióis escritas, del s. XIV, chámanye bueitre y buetre, y a partir del s. XVI nos textos xa é xeneral a forma escrita buitre. Él recoye oralmente por todo el ámbito casteyano, ademáis de buitre, as variantes buetre y butre.

Todas as denominacióis qu’acabo d’esplicar vein del nome del ave en latín, lingua unde era sustantivo masculino: vultur, vulturis. Na evolución dende el acusativo, vúlturem, ademáis de perder el –m final y a vocal postónica –u-, en casteyano vocalizóuse el –l– en –i-: buitre. Según García Arias, na evolución fónica en asturiano, ademáis d’esa vocalización del –l– (buitre > güitre, uitre), seguíu outras vías, como a fusión del –l– cua vocal anterior (butre, utre), fusión das dúas velares (utre, uitre), metátesis (buitre > bruite, butrie), hipercaracterización de xénero con -a (utra, utria) ou creación analóxica del masculino (utru). Nel caso das variantes en galego-asturiano, deuse a metátesis y a hipercaracterización de xénero (bruita)

Namoraos (Arctium minus)

Os involucros das flores dos namoraos xa tán secos y dipostos a apegarse undequera. Santuyano (Mieres) (21/8/2024).

Hai muito tempo que nun vexo a naide andar quitando namoraos da roupa ou del pelo. Pode que nun reparara ou pode que seña porque agora os nenos xa nun s’arrestroyan polos praos nin xogan a tirarse us a os outros esas bolías, ou quizáis poda ser porque xa nun levan xerséis de la como levábamos nosoutros… Os namoraos dos que tou falando son os involucros secos d’úa pranta (Arctium minus), querse dicir, os envoltorios que cubren as súas flores. Esos involucros tein úas brácteas, úas foyías verdes, que tein forma de ganchos. Y eso fai que condo tán secos se solten y s’apeguen á roupa da xente y al pelo y ás crinas dos animales. É el xeito que ten esta especie d’estenderse. Precisamente, de reparar nesta característica da pranta y d’observar al microscopio a feitura das brácteas dos namoraos nacéu a invención del velcro en 1941.

Arctium minus é propio de sitos húmedos y sal muito nas veiras das paredes y camíos. É úa pranta bienal, polo que ten dúas trazas diferentes dependendo da súa edá: nel primeiro ano namáis asoman arrentes da terra as foyas, que son grandúas, del xeito d’un corazón alargao y das veiras onduladas; nel segundo ano bota un rabo pr’arriba d’unde salen canas y foyas y é condo florece. Esas inflorescencias son solitarias ou en recimos y tein na punta úas foyías entre rosa y morao. Dende sempre, Arctium minus tuvo aplicacióis melecieiras y as foyas baxas da pranta, ademáis de darse a os animales, cómense como verdura y en dalgús sitos da península ibérica tamén s’usan pra fer potaxe.

As foyas basales dos namoraos son carnosas y un pouco peludas. É úa pranta bienal y nel primeiro ano esta é a súa traza. Sontolaya (Morcín) (24/5/2013).

Pro, como xa dixen, el aspecto máis chamadeiro da especie son esos involucros que s’agarran condo tán secos y qu’acabaron dando el nome a toda a pranta nun proceso habitual de sinécdoque: chamar a parte pol todo. Nel caso dos namoraos, a esplicación ta na comparanza del fruto apegao con un namorao pegañoso que nun se dá desapegao da parexa, anque neso da broma de tiralos pra que queden enganchaos na roupa d’outro tamén pode barruntarse un compoñente de cortexo ou galanteo un pouco primitivo entre nenos y nenas.

Entre os vocabularios locales de galego-asturiano namáis el de Mántaras recoye el nome popular pr’Arctium minus: namoraos. Eso incluye a variante máis veya, cua que convive, namorados, que mantén el –d-. Os demáis datos que teño d’outros sitos del noso occidente son os que fun recoyendo aquí y aló. El nome ás veces namáis s’usa pra referirse ás flores secas, qu’é en realidá a parte máis chamadeira da pranta y a referencia máis habitual a esa especie vexetal. Dixéronme namorados en Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), Viyamil (cua variante enamorados) y Casarego (Tapia); y namoraos na Veiga, Trelles (Cuaña) y Andés (Navia). En Cartavio (Cuaña), dixéronme herba namorada prá pranta y namoraos pra os frutos. En Cachafol (Eilao), déronme el nome de pranta dos namorados. Máis pral sur, en Ibias, a denominación que recoyín sigue col idea d’apegar, pro bota mao directamente da reiz del verbo, peg-: chámanyes pegotes, qu’eu recoyera, en Carbueiro, San Cremente y Santolín.

Hai dalgúa flor nesta pranta qu’einda nun secóu y unde se poden ver as foyas moradas, cuas anteras brancas asomando. Santuyano (Mieres) (20-8-2024).

En galego tamén hai esas motivacióis pral nome: herba dos namorados, namorados, herba dos amores, amores… y pegamás, pegadizos, pegotes… Outras denominacióis pintan referirse al idea de cousas pequenas que s’agarran como carrachas: carrapitos, carrapizos, carrapizoas… Tamén yes chaman pellizos y bardana, nome este común en casteyano. Contra el sur, en Portugal, hai denominacióis que coinciden col galego y, como s’ha a ver, ás veces col casteyano: amores, bardana, bardana-menor, bardana-ordinária, erva-do-costado, erva-dos-aflitos, erva-dos-tinhosos, lapa, murruca, pegamás, pegamaçeira, pegamassa, pegamasso, pegamaçomenor, pegamassomenor, teijeira

En asturiano, y contra el sur polos territorios del asturlionés, tamén hai referencias a os namoraos: flor de los namoraos, enamoradores, enamoraos, amores, planta de los enamoraos… Seguindo col idea d’apegar, é mui común a denominación de repegón ou arrepegón, ademáis d’outras como rampiñu, pegatín, peguchos… De cómo se chamaba a pranta en latín, lappa, son continuadores formas como llapazu, llampaza, llampazu, llampeñu, llapicu, llapigu… Referidos ás asomeñanzas pinchúas ou apegúas da especie, hai nomes como oriciu de raposu, plana pinchu, pioyu… Tamén ye chaman cazapetu, capazu, moru

Úa pranta dos namoraos nel segundo ano, xa cuas flores secando. Santuyano (Mieres) (20-8-2024).

Nun territorio tan grande como el del casteyano, y ademáis fronteirizo cos outros dominios lingüísticos peninsulares, a variedá de denominacióis aumenta esponencialmente. Aparte da forma popular, y estándar, bardana, atópanse variantes de todas as clases que s’espuxeron: hierba de los amores, amor de hortelano, amores, amores ruines, pegotes, pegoches, pegoteras, pegadillos, pegadizos, pegajosos, aguipegotes, apegotillos, hierba de los pegotes, hoja de los pegotes, lampazo, hoja de lampazo, lampazgo, lamparaza, lapa, lapa de bueyes, lapa de san bernardo, capacho, capachera, capaza, capazón, morito… Sobre as características apegúas y latosas dos involucros secos discurríronse en casteyano outros xeitos de chamarye máis ou menos humorísticos: arrancamoños, garrapaño, gatijo, mordiscón, garbanzo del cura… Tamén hai outros nomes que reparan nas foyas basales, que s’usaron como alimento animal ou humano, ou en características asomeñadas a outras especies vexetales: hoja de burro, tallos de burro, hoja de lobo, penca silvestre, penca de lobo, bordolobo, gordolobo, guardalobo, verdelobo, verdolobo, patilobo, cardinches, cardoncha, cardo pegote, cardo negro… Hai denominacióis que recordan os usos melecieros: sanalotodo, yerba de los tiñosos… Y, al cabo, hai outra retafila de nomes máis pra chamarye dependendo dos sitos: anteón, cadillos, cedones, ceones, ciones, cedotes, cerdones, cebodones, ceronera

Abeyón (Bombus spp.)

Abeyón buscando polen nas flores das espadainas. Mántaras (Tapia) (6/5/2017).

Imos figurarnos a escena: úa tarde calorosa de brao, despóis de xantar, á solombra d’un árbol, condo todo axuda a botar un pigarzo. ¿Qué ruidos da naturaleza ye podemos poñer pra que seña tópica de todo? El ruxir das foyas axenegadas por un ventín mui lixeiro pode tar de fondo, pro, pra rematar el ambiente branego y emperezao, ben sei qu’eu escoyo el rumbar d’un abeyón pousándose de flor en flor.

Os abeyóis (Bombus spp.) resultan chamadeiros polo gordos y grandes que son en comparanza cuas abeyas. El asomeñanza nun é casualidá: el xénero Bombus é da mesma familia qu’elas, Apidae, y en muitas linguas a súa denominación créase col nome que ye dan al abeya máis un sufixo aumentativo, como pasa con abeyón (galego-asturiano y asturiano), abellón (galego), abejón y abejorro (casteyano). El outra característica definitoria da traza dos abeyóis é que son peludos. A coloración d’ese pelo varía dependendo da especie, pro as máis d’elas tein listas marelas y mouras d’anchura y disposición mui variables. Tamén varía a color da parte traseira del corpo: nas especies máis comúis teinla branca, anque tamén las hai del cul acolorazao. Así y todo, nel xénero Bombus hai muitas especies (namáis na península ibérica, hai 38) y as combinacióis d’estas coloracióis tamén son muitas, polo qu’a súa identificación é amolada pra os que nun somos especialistas.

Abeyón d’úa especie das acolorazadas, ¿quizáis Bombus pascorum?, chupando nas flores del cardo azul da Malena (Eryngium bourgatii), en Morcín. (2/07/2022).

A distribución de funcióis entre os abeyóis é aparecida á que tein as abeyas: tamén tein reinas, obreiras y abázcaros, y tamén se dedican a recoyer polen pr’alimentar ás crías. Os níos son máis pequenos qu’os das abeyas y avezan a felos en furaos del tarrén ou en covas que deixaron os ratos. Antano, al segar herba ou al rozar gancela, atopábanse os níos y a xente coyíalos pra chuparyes el mel. Os abeyóis pican: concretamente, son as femas as que tein aguiyón. Tamén as femas son as que pañan el alimento, qu’axuntan núa especie de bolsas que tein nas patas, as corbículas. El rumbido que fain al volar axúdayes con dalgúas inflorescencias que, pola súa feitura, costa caro chegar al polen: a vibración fai cimbrar a flor y bota fóra el que tán buscando. Os pelos tamén yes valen prá recoyida porque al meterse entre as flores quedan todos enfarnaos de polen y despóis van axuntándolo pras corbículas. Quizáis da observación d’estos insectos veña a comparanza asturiana cargáu como un abeyón, que che dicen condo vas acarrexando un feixe de cousas. El demáis, ta claro que sempre chamóu el atención el sou ruido y avezos y por eso ta presente el sou nome na lingua y cultura popular. Mesmamente, en Serantes (Tapia) hai úa casa que se chama del Abeyón. A saber qué motivación levóu a poñerye ese arcuño. Tamén el rumbido deu pé a xogos tradicionales, como el que se chama el abeyón, unde us nenos fainye burla a outro que ta cos oyos tapaos mentres arromendan el ruido del insecto. Hai un instrumento rumbador que se fai con media cáscara de noz tapada na parte aberta con úa badana ou un papel atesaos. Esa cara plana atravésase con úas sedas de crina de cabalo anougadas nese estremo pra que nun se ceibe da noz y nel outro átase a un palo pra darye voltas nel aire y que cimbre y rumbe como se fora un abeyón. En galego, entre outros nomes, chámanye abesouro ou abesoiro, anque en galego-asturiano Acevedo y Fernández recoyen pra este enredo el nome de pitarronsoña.

¿Qué denominacióis hai en galego-asturiano pra Bombus spp.? A máis común y estendida xeográficamente é a d’abeyón, forma que rexistran os vocabularios d’Acevedo y Fernández (nel caso de Fernández, ponlo como recoyido en Cuaña), A Veiga, As Figueiras, Mántaras, A Roda, El Franco, y Castaedo y Monón. Aparte, teño datos inéditos de Cartavio, Trelles y Ortigueira (Cuaña) y de Sanzo (Pezós). A forma equivalente del estremo máis occidental y del sur, abellón, común col galego, recóyese nel vocabulario da Veiga, como propia das parroquias d’Abres y Guiar, y tamén na escuestación feita en 1947 pral Atlas Peninsular da Península Ibérica (ALPI) en Cuantas (Ibias). Podo amecer datos qu’apuntéi d’abellón de Vilela (San Tiso d’Abres), Penafonte y Grandas, Quintela (Santalla d’Ozcos) y Carbueiro (Ibias).

Abeyón recoyendo polen nas flores das hedras. Brañanoceo (Mieres) (12/10/2020).

Outro sinónimo en galego-asturiano pra chamar a os abeyóis é el d’abesouro ou abesoiro, que cos dous acabos con diptongo decrecente se pode sentir. A primeira variante, abesouro, recóyela Acevedo nel sou vocabulario como propia de Bual y tamén se rexistróu na escuesta feita en 1947 en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) pral ALPI. A min dixéronma en Vilarín (Castripol), Quintela y Santalla. A palabra recóyese, pro xa non como sinónimo d’abeyón, senón como adxetivo referido al tempo, nel vocabulario da Roda (Tapia), col significao de ‘caloroso, sofocante’. Ei tuvo qu’haber un desprazamento semántico dende el primeiro significao referido al insecto hasta outro que recorda el ambiente branego nel que se ven y que s’evocóu al empezo. En conto á variante abesoiro, rexístrase nel vocabulario de Bual y apuntéila tamén en Obanza (Castripol), San Xuyán (El Franco) y Cachafol (Eilao).

A terceira tipoloxía de denominación é a de babarón, circunscrita á punta máis nororiental del noso territorio, que me dixeron en Andés y Anlleo (Navia), que recoyen os vocabularios de Viḷḷapedre y de Vigu y Santa Marina na parte de fala asturiana del conceyo de Navia y que sigue por todo el asturiano occidental hasta Quirós. El vocabulario de Ponticella (Villayón) recoye a variante bambarón.

Úa cuarta forma, que recoye Fernández nel vocabulario que fexo con Acevedo, é a d’abexorro, que nun pinta un dato fiable, y máis convivindo cuas denominacióis patrimoniales, porque parte claramente da evolución fonética casteyana a -j- y non a -y-.

Abeyón de flor en flor entre as ortigas mansas, que son das primeiras especies qu’empezan a florecer. Mántaras (Tapia) (29/3/2025).

En galego chámanye abellón, abesouro ou abesoiro, anque estas dúas últimas denominacióis aplícanse tamén pra especies d’esgarabeyos que rumban muito al volar, como en portugués, que yes chaman besouros ou besoiros mentres qu’as os abeyóis chámanyes abelhãos, abugãos, zangãos ou mata-cavalos. Tamén hai puntos de Galicia unde se recoye abellorro, que, al rovés qu’el abexorro del que xa se falóu, si é úa forma perfectamente posible como evolución patrimonial (abella + –orro). Como xa s’apuntóu, en asturiano chámase abeyón ou babarón, mentres qu’en casteyano el máis común é abejorro, anque tamén s’usa abejón y outras formas como abejarrón ou cochorro.

A etimoloxía da palabra abeyón é tresparente, como xa se dixo: un aumentativo a partir d’úa forma masculina d’abeya. A orixe da palabra abesouro (cua súa variante abesoiro) é máis discutida. Coromines propón con dudas un composto latín apis + aurum ‘el ouro ou el dourao del abeya’. En conto a babarón, a García Arias píntaye qu’é úa denominación motivada pol rumbido que fai el insecto al volar: viría del latín bufus, variante d’úa voz d’orixe onomatopéyica, bubo ’ave rapaz nocturna’, con un sufixo hipotético amecido (*bubulus > *búbaru) que, con outro sufixo aumentativo, seguiría úa evolución fonetica búa d’esplicar: bubarón bobarón babarón.

 

Lavandeira (Motacilla spp.) 

Exemplar de Motacilla alba corricando pol prao d’un parque en busca d’insectos. Vega (Uvieo) (28/11/2020).

Se penso nun paisaxe d’inverno, ademáis del barruzo y el frío, pra que tía completo nun pode faltar úa lavandeira cruzando un camín entre poceiras, como un reguilete, recachada, cuas súas colores branca, moura y cardoxa tan invernales elas. A lavandeira, alomenos a lavandeira na que tou pensando, a especie Motacilla alba, e un paxarín inconfundible: da cara branca, cabeza y barbadela mouras, lombo cardoxo, parte d’embaxo del corpo branca, piquín dalgao y mouro, y rabo largo tamén mouro cuas veiras de fóra brancas. Esta ave tan elegante pode verse muito en sitos abertos: praos, camíos, parques…, y tamén en medios urbanizaos, corricando por superficies asfaltadas en busca d’insectos. Ademáis pode atoparse alí unde tía pacendo gao, andando entre os reses como se fora a pegureira del rabaño, anque en realidá ta buscando viermos y paponcíos entre a terra pisada, igual que condo se presenta nun eiro se lo tán arando. Tamén s’encontra a miudo polas veiras de poceiras y ríos, pasiando en busca de qué comer, mentres axenega el rabín pra riba y pra baxo. Precisamente, el nome del xénero, Motacilla, é úa palabra latina pra chamar al ave: compónse del participio de mouere ‘mover’ y del sustantivo cilla ‘rabo’. Tamén a denominación inglesa, wagtail, ten a mesma estructura y significao qu’el nome latín: wag ‘axenegar’ y tail ‘rabo’. En conto al epíteto específico del nome científico, alba, é evidente se reparamos na color branca del corpo y da cara d’esta especie. Motacilla alba vive y cría nas nosas latitudes cantábricas, pro nel inverno tamén chegan muitos exemplares forasteiros dende Europa, camín del sur.

Como xa s’esplicóu al falar del paredeiro, nome en galego-asturiano prá familia dos páridos en xeneral, é habitual que s’use a mesma denominación pra chamar a máis d’úa especie condo éstas son aparecidas y, se hai nomes máis específicos pra cada úa d’elas, nun los conózamos ou dispóñamos de poucos datos. É el caso tamén da lavandeira, que coyín como título común, seguindo el uso popular, pra referirme ás tres especies del xénero Motacilla que se poden ver na península ibérica y en Asturias.

Úa lavandeira da especie Motacilla cinerea núa ponte en Cuna (Mieres) (27/2/2022).

El outra especie sedentaria nosa é Motacilla cinerea. A súa feitura é aparecida a Motacilla alba, cua diferencia nel rabo, qu’é un faraguyo máis largo y, polo tanto, máis chamadeiro condo lo axenega. Y, sobre todo, na color del paxarín, qu’é marelo por embaxo y cincento azulao por enriba, d’ei ese epíteto específico nel sou nome científico, cinerea ‘da color da cinza’. Tamén destaca a cexa branca que ten, pro el que máis la caracteriza é el sou hábitat: vive nas veiras dos ríos unde corre el augua con forza y é normal vela pousada nel pico das pedras qu’asoman entre os vaos en busca de dalgún mosquito que cazar nel aire. Eso esplica el nome estándar en casteyano: lavandera cascadeña.

Na primavera chéganos úa especie migradora dende el norte d’Europa, a terceira del xénero Motacilla que se pode ver nas nosas latitudes: Motacilla flava. A palabra latina flava ‘marela’ xa lo diz todo. De feitura cuase idéntica ás outras dúas lavandeiras, el que máis chama d’ela é el marelo del corpo, máis estendido qu’en M. cinerea. Pra estremala d’ésta, aparte de pol hábitat, podemos reparar en que porriba é cincenta averdosada y qu’ademáis ten as patías mouras, mentres qu’as de M. cinerea son claras. Igual que M. alba, tamén aveza a verse al pé das vacas condo tán pacendo, d’ei el nome estándar en casteyano, lavandera boyera, querse dicir, dos bois. Pro nel brao tamén se ve muito nos meizales, pousada nas candelas condo os casos de meiz florecen.

Na primavera chega ás nosas terras Motacilla flava. Calambre (Tapia) (29/5/2021).

¿Qué dicen os vocabularios locales de galego-asturiano sobre el nome d’este xénero d’aves? El da Veiga recoye mariagarcía, mentres qu’el da Roda dá margarita, forma que tamén rexistréi nel de Mántaras, unde sentín ademáis el sinónimo paxaría. Esta denominación quizáis é sin máis un término afectivo, pro ben sei que poda ser úa comparanza cos lepidópteros, chamaos tamén páxaras ou paxarelas. Hai aquí un tresvase primeiro del ave al insecto y despóis outro del insecto al ave, quizáis pol xeito que tein de revolotiar as lavandeiras mentres cazan nel aire.

Pra estremar M. alba de M. flava déronme en Mántaras os nomes de margarita del inverno y margarita del brao, respectivamente, ademáis del sinónimo paxaría marela prá segunda. En conto al vocabulario de Bual, recoye a forma xeneral llavandeira. É chamadeiro qu’os datos d’outros vocabularios locales namáis dían a forma acasteyanada correspondente: tanto el d’Eilao como el das Figueiras poin lavandera, y el de Castaedo y Monón, llavandera, con resultao palatalizao propio d’esa zona ayandesa, pro, inesplicablemente, al pé del sufixo á casteyana (y á asturiana) –era. Pinta qu’a casteyanización d’esta forma debe ser veya, porque xa na encuesta feita en 1931 na vila de Bual pral Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) apuntan a resposta lavandera. Así y todo, os outros datos del ALPI recoyidos daquela na zona rexistran lavandeira en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) y Cuantas (Ibias). Tamén recoyen os datos de margarita nas Campas (Castripol), mariquita en Freal (Navia) y marigarcía en Villouril (Navia).

Úa Motacilla alba pasiando pola veira del Río Nalón en Les Caldes (Uvieo), núa postura mui característica, arrecachando el rabo (14/11/2020).

Seguindo cos vocabularios máis actuales, el de Ponticella rexistra andarríos, pro namáis pra úa das tres especies, Motacilla cinerea. El vocabulario del Franco recoye el nome de chorlito, que nun identifica y que namáis define como ‘ave zancuda pequena branca y moura’, anque, por outros resultaos aparecidos que me deron nese conceyo, ben sei que se trata da nosa lavandeira. Finalmente, Varela Aenlle, nel sou O léxico do Galego de Asturias, rexistra nel conceyo de Castripol a forma avelía, palabra en galego-asturiano aplicada tamén a os insectos lepidópteros. Se reparamos nel que xa comentéi sobre el feito de chamaryes paxarías ás lavandeiras y, como s’ha a ver máis alantre, tamén páxaras, nun ten miga de raro este cruce de denominacióis entre especies. Aparte, Varela recoye os nomes d’alindador (nel conceyo d’Eilao) y puntalouxa (nos d’Eilao y Grandas), qu’empata col dato de que na Fonsagrada, na vecía Galicia, chámanye puntalousa.

Aparte, eu teño datos inéditos que fun apuntando nestos anos y que, cos xa publicaos, déixannos completar y enanchar el panorama dos nomes d’este xénero en galego-asturiano. Queda claro, ademáis da variedá de denominacióis en todo el territorio, que nun mesmo sito poden convivir dous y hasta tres xeitos de chamarye al ave basaos en motivacióis ou comparanzas diferentes.

As tres lavandeiras tein un sonido de reclamo mui característico, de dúas sílabas ben agudas, que podemos sentir tamén condo van engalando, úa especie de tsi-bitt (con todo el que ten de subxetivo trescribir cuas nosas letras el chirlar dos páxaros). Eso deu pé a denominacióis tipo onomatopeya, que tentan d’arromendar cómo pían, como a que me dixeron en Granda (Castripol), bisbirita, ou quizáis outras como charlita, qu’apuntéi en Freisnedo, ou chirlita, chirlito, que rexistréi en Miudes, os dous lugares del conceyo del Franco. Metá onomatopeya y metá nome de persona é pepita, que sentín en Villarín y na Braña, tamén neste conceyo. Al ser un páxaro tan chamadeiro y simpático, pola gracia al andar y moverse, pinta qu’a xente empeñóuse en poñerye un nome de muyer, y ás máis das veces con un diminutivo casteyano cariñoso como –ita, el que ye dá muito máis énfasis al ser úa lingua de prestixo por circunstancias sociolingüísticas conocidas de sobra. Nun é namáis pepita, senón que xa vimos que tamén ye chaman margarita y marigarcía ou mariagarcía. A esos datos bibliográficos podo amecer outros propios: dixéronme margarita en Obanza, Barres, As Campas, El Valín, Sabugo, Lantoira y Os Boudóis (Castripol), y en Serantes, A Roda y Salave (Tapia). Son interesantes as crencias populares: nos Boudóis pensaban qu’a margarita marela era a fema y qu’a branca era el macho. En conto a mariagarcía, apuntéilo en Tremiado (A Veiga), Santa Colomba y A Veiga dos Molíos (Castripol), y Valdepares y Arancedo (El Franco), mentres qu’en Zreixido (A Veiga) sentín a variante marigarcía. Queda un xeito máis de chamarye, relacionao col nome de muyer Marica. Xa se falóu del dato de mariquita del ALPI en Freal (Navia); pois eu recoyín a mesma denominación nel Chao das Trabas (El Franco), Folgueiras, Vivedro y Trelles (Cuaña), y Navia, El Monte, Sante y Andés (Navia). Del mesmo xeito, é apelativo cariñoso el nome que xa se comentóu de paxaría, qu’eu apuntéi ademáis en Valdepares (El Franco) y en Cartavio y Ortigueira (Cuaña).

Non solo se ven exemplares de Motacilla cinerea al pé dos ríos. Tamén é habitual Motacilla alba, como esta pousada nel pico d’úa pedra nel Nalón. Les Caldes (Uvieo) (10/2/2024).

Relacionao cos avezos y movementos chamadeiros del ave, ta el nome d’escobeya que me dixeron en Villar (El Franco), de seguro que por cómo axenega el rabo, como se tuvera limpando, pro predominan aquelas denominacióis que relacionan este xénero d’aves con oficios ou con labores, como é el de lavar, al vérense muito al pé del río. Amezo a os datos xa vistos de lavandeira ou llavandeira os que recoyín, cua primeira variante, en Marentes y Mourentán (Ibias), Penafonte y Castro (Grandas), Freixe (Taramunde), Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), Bustapena, Penacova, Busdemouros y Batribán (Vilanova d’Ozcos), Quintela (Santalla d’Ozcos), Molexón (A Veiga), y Brañatruiye, Leirío, A Veiga dos Molíos y Presa (Castripol); a segunda variante, llavandeira, déronma en Cachafol y El Villar de Buyaso (Eilao). Tamén en San Tiso d’Abres, como me pasara en Castripol, recoyín a crencia de qu’a lavandeira branca era el macho y a marela era a fema.

Nos Niseiros (Castripol) déronme a forma acasteyanada de panadera y en Santolín (Ibias) chamáronye labradora, pro tamén hai denominacióis relacionadas col sou avezo d’andar entre el gao que ta pacendo. Recoyín páxaro del gado en Viyamil, paxaría das vacas na Grandela y páxaro das vacas na Brañela, todos tres nel conceyo de Tapia.

Pra rematar este recorrido denominativo queda el nome que relaciona el ave cua súa presencia nel inverno, condo ta máis frío, quizáis referíndose á chegada de bandos grandes d’exemplares dende el norte d’Europa, polo que se ten que referir a Motacilla alba. Apuntéi páxaro da neve en Santa Colomba (Castripol), Xarias (Tapia) y Llobredo, Villalmarzo y Villar (El Franco).

Polo tanto, a falta de máis datos que nos deixen ter úa rede máis testa de puntos d’información, pinta que na marina as denominacióis máis usadas son de tipo cariñoso basadas en nome de muyer: mariquita nel tercio máis oriental y margarita nel resto, ademáis de puntos de mari(a)garcía. Pro tamén conviven con outros, tamén afectivos y basaos nel sou chirlar: bisb-, charl-, chirl-, chorl-, pepit-… En conto nos metemos un pouquín pral interior, empeza a predominar el nome de (l)lavandeira, anque convivindo, tamén na veira máis costeira, con outros nomes motivaos pol hábitat ou os movementos: labradora, alindador, andarríos, escobeya, puntalouxa, páxaro das vacas, del gado, da neve

En galego danse as mesmas motivacióis pras denominacióis del xénero Motacilla y, entre elas, ta a comparanza con oficios ou labores: el de lavandeira é el nome máis común, con variantes como lavañeira, bandeiriña ou lavandisca. Tamén se rexistra albardeira, costureira, devandoira, rebandoira, rabandoira, rabadoira, labradeira, labrandeira, lambrandeira, sementadeira, vaqueira, alindadora, pastora, pastoriza, pastoriña, pastora do gado, gardagandos, zapateira, crego… Col tempo d’inverno relaciónanse nomes como nevarusco, paxariño da neve ou paxariña da neve. A denominación de millarenga ou millarengo, que ten que ver col millo ‘meiz’, seguramente se tía referindo a Motacilla flava. Tamén s’usa el nome de señorita, qu’empata cuas denominacióis cariñosas tan comúis en galego-asturiano acabadas en –ita. Pra referirse ás Motacilla que nun son alba, a solución popular foi amecerye complementos al nome xeneral: por exemplo, lavandeira real ou rabandoira dos ríos pra M. cinerea, y lavandeira amarela ou lavandeira da veiga pra M. flava. En Portugal, como analizóu nun artículo Xosé Afonso Álvarez Pérez, ademáis de lavandeira, lavandisca, devandisca, devandoira…, comúis col galego, del Douro pral sur a denominación máis común é outra: alvéola ou arvéola (continuador d’un diminutivo del latín album ‘branco’: albellula), anque hai máis sinónimos, como boieira, boieirinha, adivinha-neve, ravo-foguete, sem ravo

Os mesmos mecanismos denominativos danse en asturiano. A súa presencia invernal esplica el nome d’aguanieves, pro as máis das denominacióis populares vein dos oficios que ye poin al paxarín: llavandera, pastora, llendadora, llenderín, llenderina, paxarín del ganáu, vaquera, páxara vaquera, vaquerina, panadera, panaderina, pisadora, pisalamera, pisalmía, pisandera… y hasta outros como bruxa ou monxa. Col nome de persona tein que ver denominacióis como marica, mariquita, mariquina y marigarcía. Precisamente, mariquita ten continuidá territorial por Villayón y Tinéu cua zona de Navia unde tamén se diz. Cua feitura, color ou avezos del ave, tein relación nomes como rabinllargu, páxara pinta, volandera, andarríos, aguarríos, cagapraos ou xingalráu, equivalente éste en estructura y significao al latín motacilla ou al inglés wagtail. Tamén en asturiano hai recoyidas denominacióis específicas pra especies concretas del xénero, como llavandera real, llavandera de regueru ou panadera del ríu pra Motacilla cinerea y llavandera mariella ou bruxa azafranada pra M. flava.

Lavandeira pousada nel pico d’úa presa nel molín de La Premaña (Uvieo) (10/3/2023).

A quen poda ter el prexuicio de pensar que namáis as linguas minorizadas tein variantes y qu’as normalizadas son muito máis uniformes, hai qu’avisalo de qu’en toda a península hai docías y docías de denominacióis, y eso incluye el casteyano. Einda máis, se atendemos pral reparto xeográfico dos nomes del xénero Motacilla, como se pode comprobar cos datos del ALPI y tamén cua zonificación que fexo el ornitólogo Francisco Bernís nel sou libro Diccionario de nombres vernáculos de aves, a forma estándar usada en casteyano, lavandera, basada na comparanza cua muyer que lava na veira del río, é en realidá propia de Galicia, Asturias, Lión y norte de Zamora, querse dicir, das áreas de galaicoportugués y d’asturlionés, mentres que nas zonas unde a lingua propia é el casteyano danse outras denominacióis. Nel centro del casteyano peninsular dominan os nomes relacionaos col tempo frío: al norte aguanieves y nel centro y sur, nevadera, neverilla, neverita…, motivación que sigue contra el sureste hasta el Mediterráneo con pajarita ou pajarica de las nieves. Búa parte d’Andalucía usa nomes basaos en onomatopeyas (pepitita, pipita, fisfita, bibita…), como tamén pasa en Estremadura: churuvía, churuvita… A relación con oficios sigue por Cantabria cua forma pisondera, na zona navarroaragonesa con engañapastor y en Cataluña y Valencia, xa entrando noutro dominio lingüístico, con denominacióis como pastoreta ou pastorella, ademáis d’outras como cueta ou cuereta (diminutivo de cua > ‘rabo’) y, nas Baleares, titina ou tetineta, de base onomatopéyica. Evidentemente, esto é un resume de tipos de denominación porque dentro de cada ún d’elos hai un feixe de variantes (agudanieves, rozanieves, nevera, neverica, nevereta, nevero, nevador, neverillo, pajarica nevadora, pájara de nieve, pajarita de nieve, pajarilla de nieve, pajarilla de las nieves, pajaraca de las nieves, pajareta de las nieves, chirivía, choruvía, chuchuruvía, churumbela, pisandera, pepita, piripita, pipitica, fifita, firfita…). Ademáis hai tipos con menos estensión territorial, como rabocandil (rabicandil, revicandila), andarríos (andarrío, andarría, pajarilla del río, pajarita enriadera), gollería (golloría, argollería, gollera) ou sanantona (santonita, sanantonita, sanatonera, pájara de San Antonio)… Pro hai muitas máis denominacióis peculiares, cuas súas variantes, y dalgúas danse aquí y aló: arroyera, lagunera, pájara de agua, teresina, patica, rivialba, rabilengua, culalba, rabilarga, rabilargo, colalarga, correcandela, correcaminos, trinca rabo, gañanita, señorita, monjilla, yegüerilla, pajarita serrana, labradora, aradora, sementera, chapín, pimpín, pinchín, quincejo, abadejo, cagona, revolitera, engañito, babosilla, pájara de la Virgen, martinete, pájaro martín, martinico….

Xa sabemos qu’os nomes científicos facilitan el labor d’identificación ante a variedá das linguas del mundo pra chamar a cada especie, pro, al haber tanta variación interna dentro de cada lingua, tamén s’estandarizan os nomes vulgares ou populares. D’ei qu’os especialistas teñan qu’escoyer un nome d’entre os feixes d’elos. El problema vén condo el nome popular nun é mui específico y úsase indistintamente pra todas as especies d’un xénero, como é el caso da nosa lavandeira. A tentación podía ser coyer tres d’entre os muitos sinónimos y repartilos ún pra cada especie, pro eso sería un error porque vai contra a percepción popular de que son términos xenerales. Se nun hai un nome vulgar específico y estendido pra cada especie, el miyor é botar mao del común y amecerye despóis dalgún complemento que lo individualice, y máis se ese complemento xa s’usa popularmente. Ese respeto polas formas populares ou máis estendidas nun se tuvo tanto en conta en casteyano porque, al tratarse d’úa lingua con muito cultivo científico y literario dende tan antigo, os eruditos foron creando úa tradición d’uso erudito que se foi retroalimentando lonxe da realidá popular. As formas estándar en casteyano pra M. alba, M. cinerea y M. flava son lavandera blanca, lavandera cascadeña y lavandera boyera, condo xa se víu qu’ese nome é propio das zonas lingüísticas galegoportuguesa y asturlionesa, y esos adxetivos amecidos nun d’uso popular. En conto al galego, propóinse como nomes estándar os de lavandeira, lavandeira real y lavandeira marela, respectivamente, mentres qu’a proposta pral asturiano é llavandera ou llavandera blanca, llavandera real y llavandera mariella ou llavandera llendadora. En galego-asturiano, a falta de máis datos, ben podían ser lavandeira, lavandeira andarríos y lavandeira marela (cuas variantes correspondentes con –ll-).

Teixo (Taxus baccata)

Conos femininos del teixo xa maduros. Anque tein a parecencia de frutos, técnicamente nun lo son porque a pebida nun se forma dentro d’un ovario zarrao como as especies anxospermas. Teixo na Casa Baxo, nel lugar de Brañanoceo (Mieres) (08/09/2020).

Na tradición oral de muitos sitos cúntanse proezas de vecíos recordaos pola súa forza: en Mántaras (Tapia), sempre se falóu del Teixo, un home fortexudo qu’erguía un carro del país agarrándolo pola canzuaya y del que dicían que fixera un pozo él solo dende el pico del arribada hasta el xogaral da ribeira pra subir el ouca que deixa as mareas y que s’usaba antano pra cuitar as terras. Einda hoi se conoce como El Pozo del Teixo, anque os espertos pensan que como muito puido amañalo y que máis ben serían os romanos, ou os escravos que trabayaban pra elos, os autores da escavación. Pro nun é de mineiría del que quería falar, senón de botánica, del teixo (Taxus baccata), ese árbol de foya perenne parente das coníferas. A casa d’unde era ese home é Ca el Teixo, conque nun sei se primeiro foi el arcuño d’él y despóis pasóu á casa ou se foi al rovés, por aquelo de buscarye úa esplicación al nome. Dígolo porque hai sitos del occidente asturiano unde, pra chufar a os nenos lucidos y ben criaos, dicen que son ou tán como un teixo. Nel caso mantarego, ¿era úa metáfora pola firmeza ou forza del paisano ou foi porque nel sito unde asentóu a familia había un árbol d’esa especie? Xa nun hai xeito de sabelo, ben sei.

Teixo al pé da capiya de Santana de Mexide, en Vega (Uvieo). A zona foi frente de guerra entre 1936 y 1937 y a capiya destruíuse, pro el árbol seguíu en pé. A edificación restauróuse nos anos 90 (16/3/2025).

El teixo é un árbol ben simbólico. Quizáis el que máis chama d’él son as referencias culturales ancestrales, pro primeiro de todo hai que referirse ás súas singularidades biolóxicas: é úa especie con úa somente que nun la envolve un fruto, como pasa cos demáis árboles autóctonos das nosas latitudes. Igual qu’as coníferas, pertenece al grupo das ximnospermas, razas que nun tein flores con foyas y olores que brinden a os insectos: da polinización encárgase el vento, que leva el polen das flores masculinas al óvulo das flores femininas. A súa somente ta envolta nel que técnicamente se chama en botánica cono, que nel caso del teixo é carnoso (y por eso pinta un fruto anque técnicamente nun lo seña) y nel caso de coníferas como pinos, abetos ou arciprestes, por exemplo, é leñoso. El teixo é úa especie dioica, querse dicir, hai individuos macho y hailos fema. Condo vemos nel inverno qu’el árbol bota úa bolías coloradas, esos conos carnosos dos que faléi, xa sabemos que se trata d’un teixo fema.  

É un árbol mui antigo: os primeiros fósiles conocidos tein alredor d’un millón d’anos. Os teixos poden vivir centurias y pinta que’l máis veyo d’Asturias é el qu’hai en Bermiego (Quirós), pral que ye calculan como pouco mil anos d’edá. Tamos avezaos a ver exemplares solos, pro hai casos de teixeiras ben grandes, como a qu’hai nel Puertu Sueve, que pode que seña a máis grande conocida d’Europa. Atópanse teixos soltos pol monte en sitos mui ruíos de chegar, entre penedos emporondaos en ladeiras ben costas. Sobreviviron ás brosas dos humanos porque ademáis agora tán protexidos por lei por ser especie en peligro.

A súa madera acolorazada, que pinta sangrar condo s’enceta, deu pé a muitas crencias sobre el sou carácter sagrao. Na tradición del arco atlántico europeo sempre tuvo asociao a rituales ancestrales y cua chegada del cristianismo esa idea mantúvose. Por eso hai tantas igresias y capiyas con un teixo al pé. Ignacio Abella, gran estudioso d’este árbol en Asturias, ten censaos camín de douscentos casos, muitos d’elos nel estremo occidental asturiano, como os de Sata Colomba, Llago ou Bustantigo (Ayande), Sarzol (Eilao), Martul (Vilanova d’Ozcos), Busqueimado (Santalla d’Ozcos) ou Pastur (Eilao), por recordar dalgús namáis.

Teixo na ladeira sur da Malena (Morcín) (16/1/2022).

El teixo ten úa toxina nas foyas y tamén nas pebidas dos conos que dan os exemplares fema. Xa os historiadores romanos das guerras cántabras cuntan qu’os indíxenas usaban el zume del árbol pra envelenaren as frechas y pra suicidárense antias de cayeren presos de Roma. Hai animales como as vacas que poden comelos sin problema, porque a carne que recubre a pebida nun é velenosa, pro pra outros, como burros, cabras ou conexos, poden resultar mortales. É tradición popular, pro contrastada pola esperiencia, según esplica Abella, que pra qu’aprendan as pebidas del teixo é miyor que primeiro pasaran pol estómago de dalgún animal como a merma (Turdus merula).

Aparte dos aspectos sagraos del árbol, tamén hai que recordar el sou uso na vida de cadaldía del mundo rural. A dureza da súa madera féxola mui usada en carpinteiría y pra pezas que precisaban resistencia. Por exemplo, nel conceyo del Franco chufáronma pra fer el chambaril pra colgar el cocho despóis de matalo. Como outras especies de foya perenne, a rama tamén s’usaba pra fer barredoiros pra limpar el forno antias de meter el pan a cocer. Agora é un árbol escaso, pro antias taba muito máis estendido, como deixan ver tantos topónimos relacionaos col teixo, ben referíndose a elos como individuos ou ben en grupo, con sufixos como -edo, -eda, -eiro, -eira ou -ueira. Nel estremo occidental asturiano temos lugares como O Teixo, en Bres (Taramunde); Os Teixóis, nas Veigas (Taramunde); Teixedo en Berducedo (Ayande) y Villacondide (Cuaña); Teixeda en Ponticella (Villayón); Teixeira en Penafonte (Grandas), Samartín y Santalla; Teixueira en Piñeira (Castripol)… Y non solo en nomes de poblacióis, senón tamén de terras y paraxes: Teixedo y El Teixo en Brañaveya (Pezós); Teixeda (Bual); El Teixeiro, en Penadecabras (Tapia); A Regueira el Teixo, entre Castaedo y Barandón; As Teixeiras, en Ponticella y Llouredo; ou El Valle el Teixo, nas Candaosas, estos últimos todos en Villayón. Quizáis en dalgún caso poda tar detrás del topónimo el nome del porcoteixo (Meles meles), tamén conocido como melandro, reiz que deu pé a lugares asturianos como La Melandrera, Les Melendreres, Melendreros, Les Meloneres, etc.

Flores masculinas del teixo de Santana de Mexide, en Vega (Uvieo). (3/3/2025).

A denominación de teixo pral árbol é a común en todo el galego-asturiano, como se comproba nos vocabularios d’Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Ponticella, Eilao, Ayande, y Monón y Castaedo. Os da Veiga y As Figueiras, ademáis de teixo, tamén recoyen a variante texo, con ese diptongo decrecente –ei– reducido. Como é úa palabra tan común, nun m’esmolín muito en apuntala condo la sentía y nun teño datos archivaos de teixo máis que de Valdepares, Serantes, Rozadas, Vilela, El Valín y Vilarín. A forma teixo é el resultao esperable en galegoportugués dende el nome que tía en latín, taxus, pronunciao tacsus: vocalización del primeiro elemento consonántico de –ct-, qu’acaba palatalizando al segundo elemento: tacsu > taixo > teixo. Mentres que nel asturiano occidental ese diptongo decrecente mantúvose (teixu), nel centro-oriental reducíuse (texu). En casteyano, ademáis, esa consonante fricativa acabóu velarizando: tejo.

Abrezpa (Vespula germanica, Vespula vulgaris)

Exemplar de Vespula vulgaris. Brañanoceo (Mieres) (22/7/2018).

Entre as picaduras d’insectos, úa das que pior fama ten é a das abrezpas. Podo dicir aliviao que nun teño elementos de comparanza pra xuzgar, conque nun me vou meter a calibrar a gafura del veleno dos aguiyóis d’úas especies y outras. Ben é verdá, así y todo, qu’os aguiyóis das abrezpas, al nun teren rebarba como os das abeyas, nun quedan espetaos nel peleyo y polo tanto poden picarte máis d’úa vez. Ademáis, non solo pican, senón que tamén traban, que pra eso tein úas queixadas ben potentes cuas que mazcan de todo: mel, néctar, zume, fruta, moscas, mosquitos, carroña…

Da denominación casteyana, avispa, nacéu el sou adxetivo avispado ‘listo, espabilao’. Chocábame qu’en galego-asturiano esa comparanza se fixera con outro insecto, col abeya (Fulano é mui abeyudo), pro hai pouco Marcelino Lozano, nel sou libro Las abejas, con el viento en contra, recoye en Ayande el adxetivo abrespao col mesmo sentido.

¿A qué chamamos abrezpa en galego-asturiano? Ás dúas razas da familia Vespidae de tamaño pequeno qu’hai nas nosas latitudes: Vespula vulgaris y Vespula germánica. Son insectos de color chamadeira, moura y marela, sociales, que fain níos como de papel cua pasta qu’amañan con fibras de madera mazcadas col sou cuspe. Esos níos son el que definen dalgús vocabularios da zona como abrespeiro ou abrespeira.

As dúas especies son ruías d’estremar: V. germanica ten tres puntíos mouros na cara qu’el outra nun ten, pro eso nun ta bon de ver condo las atopamos por ei. Quizáis é máis fácil se reparamos núa foto del corpo, nas bandas mouras que ten, porque as de V. germánica dibuxan nel medio úa punta de frecha con un punto mouro a cada lao que destaca nas bandas marelas, mentres que nas de V. vulgaris esas puntas son menos marcadas y os puntos tán unidos á banda moura.

Son dúas as menas de denominación que yes damos en galego-asturiano y que pintan remitir a dous étimos distintos, anque emparentaos. A primeira mena vén da denominación que tían estos insectos en latín, vespa, forma que debe proceder d’úa reiz indoeuropea que tamén deu el francés guêpe, el inglés wasp, el danés hvesp ou el alemán wespe. D’ese vespa vein resultaos como el avispa casteyano, el aviespa asturiano, el noso avespa y el vespa de catalán, portugués y italiano, nome este col que chamaron á famosa moto. A prótesis ou adición del a- inicial en dalgúas denominacióis peninsulares, según etimólogos como García de Diego ou Coromines, veu da influencia del latín apícula ‘abeya’, anque, como propón García Arias al estudiar a etimoloxía da palabra asturiana, máis ben debe tratarse d’úa interpretación popular a partir del sou artículo feminino: la viespa > l’aviespa. Claro que máis tarde tamén se deu el fenómeno al rovés, col aféresis ou perda del a-, como imos comprobar máis alantre. D’esta primeira clas de denominacióis namáis rexistréi us poucos datos oralmente, porque os vocabularios nun recoyen miga, quizáis máis atentos ás outras formas diferenciales. Dixéronme avespa en Sanzo (Pezós) y Andés (Navia), cua variante aquí de vespa, forma que tamén me deron nas Figueiras (Castripol) y Cartavio (Cuaña). Hai que reparar en que son resultaos que conviven cos del segundo tipo.

A segunda mena de denominacióis pinta vir d’un diminutivo en latín de vespa: véspula. Así y todo, houbo quen propuxo influencias analóxicas con úa palabra como víspora (< lat. vesper). De véspula, cuas evolucióis fonéticas correspondentes, chégase al noso abrezpa: confusión de líquidas –l– > –r– (véspora), prótesis del a- (avéspora), perda da vocal postónica (avespr’a), metátesis del –r– (abrespa) y paso da consonante implosiva -s > -z delantre de p- (avézpora, abrezpa). D’esta segunda tipoloxía conocemos en galego-asturiano cinco variantes: abrezpra, a máis común abrespa (cua forma sin metátesis: avespra) y as propias del estremo occidental y del sur: a esdrúxula avézpora y a forma correspondente con -s (avéspora). Cuase todos os vocabularios rexistran abrespa: Acevedo, A Veiga, As Figueiras, Mántaras, A Roda, El Franco, Villayón, Bual, y Monón y Castaedo. Namáis el d’Eilao recoye avézpora. Alberto Calvín, el poeta de Pardiñas (Taramunde), usa avéspora. Tamén el Atlas Lingüístico da Península Ibérica, con encuestas feitas en 1931 y 1947, nos dá máis datos: avézpora en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) y Cuantas (Ibias), abrezpa nas Campas (Castripol) y abrespa en Freal (Navia) y Bual. Eu teño dalgús datos máis: rexistréi abrespa en Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), El Valín (Castripol), Trelles (Cuaña), El Monte y Sante (Navia) y Navedo (Eilao), mentres qu’en Andés (Navia) dixéronme a forma sin metátesis: avespra. En Cartavio, ademáis del xa dito vespa, déronme brespa, tamén con aféresis da inicial. A forma abrezpa apuntéila en Vilarín (Castripol) y Castriyón (Bual), mentres qu’avézpora rexistréila en Cachafol (Eilao), Santalla, Penafonte (Grandas), Grandas y Santolín (Ibias). A variante avéspora déronma en Carbueiro (Ibias) y Sanzo (Pezós). Anque nas formas esdrúxulas os resultaos con -z einda predominan, nas formas chas, propias da marina, ta impoñéndose el resultao con -s, de seguro que por ser común cua fonética casteyana, igual que pasa, por exemplo, cua perda dos semicultismos prato, branco, igresia, froxo, etc. Polo tanto, resumindo os datos, a forma con perda da vocal postónica (abrezpa, abrespa) dáse por todo el metá norte del estremo occidental y parece estenderse contra el sur pol oriente (Villayón, Ayande, Eilao oriental), mentres qu’a forma que la mantén (avézpora, avéspora) dáse nel metá sur, con Taramunde, Vilanova y Eilao occidental como os puntos máis septentrionales dos que teño constancia.

En conto ás denominacióis en asturiano, sempre con diptongo tónico –ie-, danse dalgús dos fenómenos qu’acabo de comentar, con variantes con y sin a- inicial, como a xeneral (a)viespa, resultaos esdrúxulos con confusión de vocales postónicas como (a)viéspora, (a)viéspara, (a)viéspera, y formas con perda da vocal postónica, ás veces con confusión de sonoras y paso -a > -e: (a)viespre, aviésper, (a)briespa, (a)griespa, griespe… Na marina occidental, el vocabulario de Tox (Navia), punto transicional estremo del asturiano, recoye avespa y abrespa.

En galego pasa outro tanto, con variedá de formas, tanto chas como esdrúxulas: (a)vespa, (a)vespra, abrespa, (a)véspora. Comentóuse antias a posibilidá de cruces cua palabra víspora en dalgús resultaos. Pois en galego tein toda a traza de seren cruces col nome del fruto de Mespilus germanica denominacióis del insecto como néspera, néspora ou nespra.

En conto al casteyano, deuse a reducción del diptongo –ie-: aviespa > avispa, anque dialectalmente einda hai unde dicen aviespa, ayespa ou aviespra.

Grayo (Garrulus glandarius)

Pódese estremar ben a variedá nas plumas das alas del grayo, col azul, el mouro y el branco. Monte de Mirayos, en Mántaras (Tapia) (19/8/2024).

A mía afición polas aves chegóu de resultas del interés que tía pol vocabulario del galego-asturiano. Por eso, de muitas especies souben primeiro cómo yes chamaban antias de reconocelas na naturaleza. Dalgúas vinlas a primeira vez nos libros y nun foi hasta máis tarde condo puiden disfrutar d’atopalas en vivo. Quizáis xa las vira dacondo, pro pinta que namáis ves as cousas condo las conoces. Úa d’esas aves nas que nunca reparara era el grayo (Garrulus glandarius), úa especie ben chamadeira pola súa traza apintarada. Ás veces, al pasar conducindo entre arbolao ou pasiando nel monte, vía cruzar como un rayo úa mancha de colores. Branco, mouro, azul… ¡Ese ten que ser el grayo!, dicíame. Despóis, andando polos pinales de Mirayos en Mántaras, empecéi a reparar nos sonidos qu’emitía, aparecidos a corvos y pegas. Nun é casualidá qu’estas especies, tamén el grayo, pertenezan á familia Corvidae.

Desque localicéi por únde avezaban a sentirse y a verse os grayos, empecéi a ir axeitín pra tentar de fotografiar dalgún. Víalos ben veces entre os árboles, sempre con canas delantre medio tapándomos ou mui lonxe, y nun había xeito sempre de piyalos ben. Hasta qu’un día de brao, nun pradín amansao en Mirayos, presentóuseme un exemplar disposto a que ye fixera un reportaxe entero. Tuvo picotiando pol prao y saltando d’úa cana a outra nos árboles das veiras. Despóis volvín ver outro nel camín y con tanto tempo que puiden deixar al cabo a cámara y disfrutar de poder observalo con vagar, sin máis comenencias.

El grayo ten el corpo apardazao y na cabeza destacan os oyos, con un cerco escuro alredor, a testa a rayas y a bigoteira moura. Pro, sobre todo, destacan as alas, mui ben pintas, con manchas mouras, brancas y azules. Ás veces atópase nel camín dalgúa d’esas plumías azules y, se reparamos ben nelas, en realidá vese que tein úas listas, en perpendicular al raquis da pluma, que se van alternando fendo úa secuencia entre el mouro y el azul hasta chegar al branco, pra volver pasar al mouro, azul, branco, mouro, azul, branco… Anque é úa especie omnívora y come igual insectos que frutos, ten el avezo d’enterrar landes de carbayo y castañas pra poder botar mao d’elas condo a comida escasía; esto axuda á repoblación forestal: hai estudios que calcularon que núa temporada un solo grayo pode enterrar hasta 5.000. El nome de xénero, garrulus, quer dicir en latín ‘falador, que fala muito’, pro el epíteto específico, glandarius, ‘amigo das landes’, fai referencia a ese gusto polas landes, y así ye chamaban al ave dalgús autores na etapa última del latín. D’ese étimo vén el nome italiano actual de ghiandaia.

Grayo picotiando nun prao en Mirayos, Mántaras (Tapia) (19/8/2024).

Hai dúas denominacióis pra esta especie en galego-asturiano: úa, a mayoritaria, grayo, vai cua solución máis común en asturiano (glayu); y el outra, gayo, na veira máis occidental, vai col resultao que se dá nas terras vecías de Galicia, anque, como s’ha a ver, é úa forma que tamén ten continuidá territorial pol occidente y norte da provincia de Lión y sigue pol oriente d’Asturias. Nel noso territorio, os vocabularios que recoyen grayo son os d’Acevedo, A Veiga, Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, y Castaedo y Monón (Ayande). Dalgúa d’estas fontes definen grayo como ‘grajo’, copiando el error que ten a definición del vocabulario d’Acevedo de 1932, de seguro que pol asomeñanza fónica das dúas palabras, pro hai que reparar en qu’el grajo ou graja del casteyano é outra especie, Corvus frugilegus, que nun se dá na nosa zona.

A bibliografía máis occidental sobre el vocabulario del galego-asturiano, a da Veiga, diznos que neste conceyo tamén se rexistra a denominación de gayo. Se a os datos bibliográficos amecemos as informacióis inéditas que fun xuntando, pódense estremar miyor os territorios entre el Navia y el Eo unde s’usa un nome ou el outro. Déronme grayo en Penzol (A Veiga), Granda, El Valín, Santa Colomba, Vilarín, El Castro y Obanza (Castripol), Serantes (Tapia), Vivedro (Cuaña), El Monte, Sante y Navia (Navia), Castriyón (Bual), Cachafol, Buyaso y Navedo (Eilao), Castro y Grandas (Grandas), Corondeño (Ayande), y Marentes, Mourentán y Tormaleo (Ibias), sito este último unde a forma que me dixeron foi glayo. El resultao gayo apuntéilo en Presa (Castripol), Tremiado y Molexón (A Veiga), Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), Busdemouros, Bustapena, Penacova, A Ovellariza y Batribán (Vilanova d’Ozcos), Quintela, Salcedo y Santalla (Santalla d’Ozcos), Penafonte (Grandas), y Carbueiro y Santolín (Ibias). Polo tanto, a forma á galega entra pola marina alomenos hasta Siares, a parroquia máis occidental de Castripol. Na Veiga pinta que gayo dáse na veira máis achegada a Galicia, anque seguramente haxa sitos unde se conozan as dúas solucióis. Máis al occidente (San Tiso) y contra el interior (Vilanova y Santalla), xa s’impón a forma gayo. Se seguimos contra el sur, en Grandas, na parroquia máis occidental, Penafonte, dicen gayo, mentres que nel resto del conceyo pinta que dicen grayo. En Ibias, anque teño poucos datos, nas parroquias da Ribeira parece qu’a parte máis al norte é de grayo y a del sur, de gayo, mentres qu’as da Montaña deben ser de grayo, anque el dato que me deron de Tormaleo, con gl-, quizáis seña pola edá máis nova del informante.

Al engalar el grayo, pódeseye ver el contraste entre a rabadela branca y el rabo mouro. Mántaras (Tapia) (19/8/2024).

Condo m’ocupaba da revista Entrambasauguas, núa sección que chaméi El arco da veya, publicaba cousas qu’escribían os nenos ou que yes cuntaran nas súas casas. En 1999 mandáronme un conto sobre el grayo y el corvo recoyido por tres alumnos da escola de Buyaso (Eilao), condo daquela einda quedaban úas contas escolas rurales. Ten úa traza mui antiga, con un acabo rimao, y fala dos movementos d’estas aves fuxindo del frío. Publiquéilo na revista y dicía asina:

«Era pol inverno, y os corvos y os grayos empezaron a baxar pras aldeas porque crían que fía menos frío. El caso foi qu’un corvo y un grayo fixéronse amigos y puxéronse a buscar úa búa casa unde pasar a nevada. Foron a un cortín y atoparon un trobo que nun tía abeyas y con un bon furao unde meterse. Metéronse dentro, peró al grayo nun ye gustóu cousa el sito encontrao. Entoncias el grayo díxoye al corvo: “Eu voume prá ribeira, porque nun neva. Tu fai lo que queras, peró eu aconseyaríache que veses”. “Non, vou esperar a que volvas”. El grayo marchóu prá ribeira y condo víu que pasara a nevada, subíu pra unde quedara el corvo. Condo chegóu á porta del trobo chamóulo y, como víu que nun salía naide, entróu y atopóulo morto, cuas patas pra riba, y díxoye: “¡Por guardar as lleis dos aventes y aborolos, mira as trazas que teis cuas fornigas pollos oyos!”».

Se reparamos agora nel vocabulario relacionao cua denominación de grayo, hai que destacar qu’el sonido qu’emite esta ave deu pé a un verbo en galego-asturiano, grayar ou grayiar, que, ademáis d’esta acepción, tamén aplicada á voz del corvo, ten outras máis qu’enanchan el sou campo semántico: ‘dar berros agudos’, ‘queixar, dar lanxidos’ y ‘emitir voces el neno pequeno condo empeza a falar, condo esperta’.

En galego ta mui estendida a forma gaio (escríbese asina porque a súa ortografía nun usa a letra y), con variantes como gaiolo, gaioto ou gaiomonte. Pola asomeñanza del ave cua pega (Pica pica), chámanye pega, anque con un adxetivo amecido pra estremala da pega tal: pega marza (marxa, marcha, marceña ou marcía), pega rebordá (reboldá, rebuldana ou roldán, variantes del adxetivo galego rebordán, -á ‘bravo, del monte’), pega meiga y pega da fraga. Tamén el cruce cua palabra galo y el avezo que ten de poñer dereta a cresta levóu a denominacióis galegas como galo cresto.

Grayo pousao nun pino nel monte de Mirayos en Mántaras (Tapia) (13/8/2024).

En asturlionés a forma máis estendida é glayu (con variantes dialectales como grachu, glachu ou gleyu), anque tamén hai sitos na provincia de Lión (El Bierzo, Palacios del Sil, Los Argüeyos, Villacidayo, Oseya…) unde dicen gayu, denominación que ten continuidá pol centro-oriente d’Asturias (Sobrescobiu, Casu, Ponga, Onís, Caravia, Ribesella, Llanes) y tamén pol suroccidente, como na Estierna (Ibias). Ademáis, recóyense variantes derivadas de gayu, cua perda del –y– (gau) ou cua presencia d’un –b– antihiático (gabu). Pola marina noroccidental d’Asturias, hai continuidá nel paso dende el territorio del galego-asturiano al del asturiano: en Santa Marina y Vigu (Navia), dicen grayu, y en Valdés xa dicen glayu. Outra denominación del ave en asturiano, relacionada cos grayidos que dá, é berrón.

Según García Arias, el nome de glayu vén del latín gráculusCorvus frugilegus’, el grajo ou graja del casteyano al que xa me referín. É un caso máis de denominacióis latinas aplicadas en linguas romances non á especie orixinal, senón a outra cua que ten dalgúa asomeñanza. En conto a gayu, gayo, gaio…, vén de gaius, úa palabra latina tardía usada pra chamar a outro córvido, Corvus monedula, pro tamén a especies da familia como a pega ou al mesmo grayo. Ten relación col nome de pila Caius ou Gaius, nun recurso conocido de poñer nomes de persona a os córvidos y que chegóu hasta hoi (como prá pega, tamén chamada marica en galego-asturiano y casteyano, y urraca nesta última lingua). Xa os etimólogos latinos señalaban qu’ese nome vía del verbo gaudere, ‘alegrarse”, y d’esta reiz vein palabras relacionadas cua idea d’alegría nel ámbito románico, como el adxetivo casteyano gayo ‘vistoso, alegre’, tamén usao en asturiano y galego (gayu, gaio), ou el famoso gai ‘alegre’ del occitano, que sempre se cita como a orixe da palabra inglesa gay. García Arias pensa que puido haber cruces entre todos estos étimos y realidades, incluíndo úa forma hipotética latina *gallius ‘pinto, de muitas colores’. D’ei poden vir palabras del galego-asturiano como gayolagayorda ‘festa’ y agayo ‘gana, disposición’.

El nome casteyano d’arrendajo (del qu’el ornitólogo Francisco Bernís recoye variantes dialectales como rendajo, rondajo, rendrajo, arrandrajo, ranglajo, arrendájalo) vén d’arrendar, variante d’arremedar, porque el ave pinta arromendar el canto d’outras aves. En conto ás formas de tipo gayo, danse muito en casteyano, y máis nas provincias fronteirizas con galego y asturlionés. Por exemplo, en Estremadura, ademáis de gayo, chámanye gayocampo, gayo del campo ou del monte ou bravo. Outra familia denominativa é a que se dá en Cantabria, unde ye chaman ronzuella, roncella ou ronzuela.

Da tipoloxía de gayo son tamén denominacióis del grayo noutras linguas como el catalán gaig, el aragonés gai ou gayo, el francés geai ou el inglés jay (¡cómo nun acordarse da cántiga Blue Jay Way de George Harrison cos Beatles!).

Naranxeiro (Citrus x sinensis)

Naranxas nun naranxeiro en Mántaras (Tapia) (11/7/2024).

Dá dolo ver en dalgún horto as naranxas pol tarrén, apedrándose, mentres las train en camióis dende mui lonxe. É evidente qu’a producción local nun iba dar abasto prá demanda tan grande qu’hai hoi, pro ta ben nun esqueicer que nos ss. XVII y XVIII, como nos dicen os historiadores, Asturias esportaba miles de naranxas a Inglaterra, Francia y Holanda. Axudaba el bon clima da marina y que daquela a zona del Levante inda nun tía a potencia productiva qu’hoi ten nin os medios de tresporte pra chegar lonxe antias de que se toyera a fruta.

Nun se ye dá toda a importancia que merece al fomento del consumo de productos achegaos y de temporada. Nel caso das naranxas, compralas fóra del sou tempo, que nel caso da península ibérica é máis ou menos de novembre a mayo, supón aumentar muito el gasto en refrixeración y tresporte internacional, conque é miyor, se se quer consumir responsablemente, aguantarse y aguardar a que tían en sazón nas nosas latitudes. Comer fruta trida en avión de Sudáfrica ou d’Arxentina é úa burrada dende el punto de vista medioambiental.

Pro, sin ir tan lonxe pra falar de naranxas, renémbraseme con úa sonrisa aquel conto de Manolo Galano, «El mundo é chao», publicao nel sou libro Parzamiques, unde un matachín, mentres pelaba el cocho, tentaba d’esplicarye a un incrédulo qu’el mundo era redondo:

«—Neno, vai á naranxeira del horto y traime úa naranxa, anda —dizme Manuel, nel sou empeño de persuadir a Xusto.

Perdéu el tempo Manuel cua súa demostración da naranxa. Xusto, qu’hasta entoncias tomárayo todo a gayola, arrufábaseye delantre y, mui enchipado —máis inda de lo qu’era de sou—, díxoye:

—¡Nun penses que porque tuviche na Habana me vas meter os didos polos oyos! ¿Ques dicirme cómo van terse deretos os homes que tían na veira de baxo da naranxa cos cravos das galochas pra riba?

Manuel miróu a Xusto con un visaxe na cara que me parecéu de dolo, pousóu a naranxa y, poñéndose outra vez a pelar el cocho, dixo:

—Vamos falar d’outra cousa.»

Pois fémoye caso al matachín y nun falamos da redondez da terra, pro si imos falar del naranxeiro (Citrus sinensis). Igual qu’el limueiro (Citrus limon), é úa especie vexetal híbrida resultao d’úa historia larguísima d’inxertos y cruces de razas. Por eso os dous cítricos levan el equis nel nome científico. El naranxeiro máis estendido é el naranxeiro dulce, porque el que dá naranxas amargas é outra especie diferente: Citrus x aurantium. Según os análisis xenéticos, vén de cruzar el pomelo chino (Citrus maxima) y a mandarina (Citrus reticulata). El que chegóu primeiro á península ibérica, da mao dos árabes, foi el amargo. Esa foi el única raza de naranxeiro qu’houbo en Europa na Edá Media. De resultas del comercio de Portugal cua China, aló nel s. XV, xa veron a Europa os naranxeiros dulces y os mandarineiros. Y despóis, claro, deron el salto a América. Pra referirse a aquelos frutos que chegaran como novedá d’aquel país del oriente, en casteyano chamáronyes, respectivamente, naranjas de la China y naranjas mandarinas, pra estremalas das naranxas xa conocidas. Hai que recordar qu’en sitos del América hispanofalante ás naranxas dulces einda yes chaman chinas ou naranjas chinas. Precisamente, el epíteto específico del nome científico, sinensis, significa ‘chino’ en latín.

Naranxeiro cargao de fruta nun horto da Vegalencia (La Ribera) (6/4/2023).

Col paso del tempo, a popularidá da raza dulce fexo que quedara como a naranxa por antonomasia y foi a especie amarga a que tuvo que quedar con adxetivo pra estremala del outra. Os medios de tresporte foron miyorando y en muitos países con clima al xeito a producción foi aumentando. Tamén empezaron a desenvolverse variedades con cualidades de sabor y tempos de maduración diferentes pra tentar d’abarcar máis meses de producción. 

A feitura da fruta dos cítricos, neste caso da naranxa, é peculiar. Ten úa paraza gorda que recubre a parte comestible y que ta búa d’aparar cuas maos, pro el máis chamadeiro é qu’a carne ta organizada nus dez gaxos recubertos por cadasúa membrana que tein dentro un feixe de vesículas chías de zume y dalgúas pebidas. Hai muita variedá en galego-asturiano pra chamar esas seccióis nas que ta dividida a naranxa: aparte de gaxos, recoyín nel noso territorio denominacióis como cachacuarterón, gayopatapatíaperna, pezón… Por certo, pra sacarye el zumo a un cítrico calcando nél, usamos os verbos estrumar y estruñar

Os datos qu’hai sobre a denominación d’este árbol en galego-asturiano, naranxeiro ou naranxeira, nun nos deixan fer un mapa claro de distribución dos dous resultaos, qu’ás veces conviven nun mesmo sito. Quizáis a forma feminina predomine contra el occidente, pro pode ser úa impresión derivada da falta d’úa rede máis mesta de datos. El nome de naranxeira recóyenlo os vocabularios da Veiga, A Roda y Mántaras, mentres que naranxeiro aparece en Acevedo y Fernández, y nos vocabularios del Franco, Bual y Ponticella (Villayón), ademáis de ser a forma que cita Fernández Vior nel sou libro Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga. Eu tamén perguntéi pol frutal, anque pral interior del estremo occidental nun tuven muita sorte porque, pola mor del altura, nun se dá tan ben como na marina y son escasos os exemplares. Dixéronme naranxeira en Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), Berbesa (Castripol), Casarego (Tapia), Valdepares (El Franco) y Cachafol (Eilao). A forma masculina, naranxeiro, déronma en Rapalcuarto (Tapia), Cartavio y Ortigueira (Cuaña), Sante (Navia), Arbón (Villayón), Castriyón (Bual) y Sanzo (Pezós).

A palabra naranxa vén del árabe narang y d’él proceden el casteyano naranja y el galego laranxa (en portugués laranja, cua pronunciación sonora da consonante postalveolar, y non xorda, como la femos nosoutros). El árbol chámase en Galicia laranxeira ou laranxeiro, pro tamén se rexistran as formas naranxeironaranxeiranaranxal y naranxo, anque nun se consideran normativas. El xeito de chamar a os frutales en galego-portugués é sempre col sufixo –eiro, –eira, mentres qu’os sufixos –al, –ar son os propios dos nomes asturlioneses, anque solucióis de cada dominio entran nel territorio del outro, el qu’esplica el dato galego de naranxal y qu’en asturiano, anque el máis común é que se diga el ou la naranxal, nos puntos máis occidentales digan naranxeiru. El que tein toda a traza de tratárense d’emprestamos casteyanos axeitaos fonéticamente son as formas naranxo / naranxu que recoyen vocabularios de galego y d’asturiano.

Verderolo (Chloris chloris)

 

Macho de verderolo pousao nel pico d’un arto. Santa Gadía (Tapia) (10/7/2021).

Na praya del Recosto, en Serantes (Tapia), nel pico del arribada, al pé del río, hai us contos espieiros veyos. Tán medio secos y retortos de tantos refolóis de nordés y vendaval como levan sufrido. As súas canas depenadas son sito ben al xeito pra que se pousen nelas os paxaríos a cantar. Alí, todos os braos, al cayón del sol, avezo a atopar dalgún verderolo pousao, col sou cantido característico resuando por toda a praya, como se fora úa cigarra, trrriiii…, trrriiii…, trrriiii…

El verderolo (Chloris chloris) pódese ver en máis sitos, claro. En pinales, tamén en hortos, xardíos, entre frutales, pousao nun eiro ou nun prao segao buscando graos que comer, anque tamén ye gusta picotiar na fruta ou hasta levar dalgún viermo pra cebar as súas crías. É especie sedentaria en Asturias, anque tamén hai exemplares que viaxan al sur condo vén el inverno y outros que chegan nesos meses da Europa máis fría.

É un páxarín bon d’identificar pola súa color averdosada tirante a marela, d’ei el nome que ten, anque tamén son chamadeiras as tonalidades marelas nos ombros, nas plumas remeiras y nel rabo, que destacan muito máis condo engala. A fema é aparecida na color, pro, como pasa noutras muitas especies, ten us tonos máis apagaos qu’el macho y pol lombo é máis apardazada. El alimentación é sobre todo granívora, como se deixa ver nel pico gordo que ten, característico da familia unde se clasifican os verderolos, Fringillidae, á que tamén pertenece el xilgueiro (Carduelis carduelis).

El nome científico aceptao polos organismos internacionales é Chloris chloris, pro tense usao muito outro sinónimo, Carduelis chloris. Ese epíteto vén da palabra grega chloros, que s’aplicaba al verde amarelao y que deu pé a cultismos qu’usamos hoi como cloro ou clorofila.

Verderolo pousao nun espieiro núa arribada da praya del Recosto, en Serantes (Tapia) (9/7/2021).

A denominación en galego-asturiano máis diferencial é a de verderolo, con úa reiz que recorda a súa característica máis chamadeira, a color, y un sufixo que nun tempo amañaba diminutivos y qu’atopamos noutros zoónimos ou fitónimos como ameixola, carneirolo, amorolo, arbanzolo, corriola

Un sufixo aumentativo, qu’este si funciona na actualidá, -ón, atopámolo nel outro xeito de chamarye en galego-asturiano, tan estendido ou máis qu’el outro, verderón, neste caso coincidente col nome estándar casteyano. 

A etimoloxía é discutida. En latín, el ave chamabase vireo, –onis, y a evolución esperable tería que ser *verión, pro debéu haber un cruce con verde. En realidá, a denominación del latín xa deriva del verbo virere ‘ser verde’, del que vén el adxetivo viridis, que deu el noso verde. García Arias esplica verderón como úa metátesis, un cambeo de sílabas, a partir d’un hipotético *virido, –onis > *veredón > verderón

Os vocabularios da Veiga, Mántaras y El Franco ofrecen as dúas denominacióis, verderolo y verderón, mentres qu’el da Roda namáis recoye verderolo, forma que rexistra Fernández na súa obra con Acevedo Huelves. A recopilación da Veiga tamén recoye nesa entrada a espresión gozar como un verderón, ben conocida tamén en asturiano y casteyano.

Os datos que fun recopilando perguntando aquí y aló amecen máis puntos xeográficos ás formas conocidas y dalgúa variante máis. A denominación de verderolo déronma en Vilela (San Tiso d’Abres), mentres qu’a de verderón dixéronma en Anlleo (Navia), Castriyón (Bual), Cartavio, Vivedro y Trelles (Cuaña), Sabugo, El Valín y As Campas (Castripol), Zreixido (A Veiga) y Santalla. En Trelles tamén había quen ye chamaba verderín, unde se volve ver el aparición d’un diminutivo, –ín, neste caso en uso na actualidá. Outra variante é a qu’apuntéi en Villar, na parroquia franquía de Miudes, con un prefixo re-: reverderón.

Fema de verderolo picotiando en busca de gra nun prao segao de Mántaras (Tapia) (12/7/2021).

En galego, a súa denominación ta ben estudiada nun artículo de Xosé Manuel Penas y Carlos Patiño, unde esplican qu’hai dous grupos de nomes. El primeiro é el de canario ou canario bravo, pola súa asomeñanza con estos páxaros cantores, que se recoye pol centro da provincia de Pontevera y que s’estende contra el norte pola Coruña y contra el leste, por Ourense. En muitos d’estos sitos convive cuas denominacióis basadas na súa color, que son as máis comúis en Galicia y que nun amañan zonas claras: verderol, verdarol, verdeirol, verderolo, verderola, verdarolo, verdeloro, verdeirolo, verdeirola, verdolor, verberolo, verdereiro, verderín, verdión, verdín, verdillo, verdial… Pódese ver qu’as variacióis tán nos sufixos que s’amecen á reiz, con dalgúa qu’outra metátesis favorecida col asomeñanza con outras palabras (loro, dolor, verba…). Aparte, son habituales as confusióis y cruces de nomes populares con outras especies da familia Fringillidae y que nun recoyo aquí pra nun confundir.    

A pouca información qu’hai en asturiano sobre a denominación d’esta especie diznos qu’a forma máis común é verderón, cua variante verderina, y outra ben máis rara, pardu blancu, que se recoyéu nel Caburniu (Llangreo), contraposto a outra especie, Linnaria cannabina, tamén da familia Fringillidae, que chaman alí pardu coloráu. Na parte máis occidental del asturiano ta rexistrada a variante verdeirón y en Tox (Navia), vordorón, con úa asimilación da primeira vocal átona ás outras vocales.

En conto al casteyano, a forma máis usada é a de verderón, á qu’hai qu’amecer variantes como verderol, verdera, verdel ou verdón.  

Garcia (Ardea cinerea)

Garcia na veira del Río Nalón en Les Caldes (Uvieo) (10/2/2024).

A garcia (Ardea cinerea) é el ave máis grande que podemos atopar nos ríos asturianos. É inconfundible, col sou pico largo, igual qu’el pescozo y as patas. Nel plumaxe predomina a color cardoxa, anque ten os ombros mouros. Nos adultos a cabeza é branca, con úa lista moura derriba dos oyos y, en época de reproducción, ten dúas plumas que ye cain pra detrás, tamén mouras.

Col pescozo espurrido ou, máis a miudo, encoyido en forma d’ese entre os ombros, podemos vela parada na veira del augua, velando sin moverse un faraguyo hasta que pasa un pexe al pé d’ela. Entoncias, con un movemento rápido, páñalo col sou pico largo y pápalo. Tamén se ve muito emporondada nos árboles altos da veira, porque nelos aveza a fer el nío. Pro el máis guapo da garcia é vela botar a engalar, aletiando axeito, cuas patas espurridas pra detrás y col pescozo recoyido.

Hai un par de refráis en galego-asturiano que falan da garcia, anque los hai iguales pro cua gaviota como protagonista: Condo a garcia vai prá terra, coye a brosa y fende a estela y Condo a garcia vai pral mar, coye os bois y vai arar. Con variantes de pouca importancia tán recoyidos nel meu vocabulario de Mántaras (Tapia) y nos libros de María del Carmen García García sobre a tradición oral en Presno y en Balmonte (Castripol). Tamén se recoye en Tinéu el mesmo refrán, anque neste caso en asturiano occidental: Cuando la garza vei pa la sierra, garra la bruesa ya veite a la ḷḷeña. Cuando la garza vei pa la mar, coi’l ḷḷabiegu ya veite a ḷḷabrar. É verdá que nun s’hai qu’esfoutar de todo nestos ditames nin pra cousas del tempo nin pra nada, pro ter tein a súa parte de verdá: a garcia é un ave migradora que chega dende el norte d’Europa ás nosas terras a pasar el inverno buscando un clima máis trempao, ou camín d’África, einda máis al sur; conque se pode tomar como anunciadora del mal tempo. Condo volve pral norte é condo chega el bon tempo y ta búa xeira pra labrar.

Garcia emporondada nun árbol na veira del Nalón, cerca del Barcu (Uvieo) (4/9/2021).

Os datos bibliográficos que temos sobre a denominación d’esta ave en galego-asturiano son poucos. Das versióis del refrán que recoye García García, podemos sacar el dato da forma garcia na Veiga dos Molíos, Montavaro, El Castro y Obanza, todos nel conceyo de Castripol, y a variante garza en Murias, nel mesmo conceyo. Eu esqueicín incluíla nel meu vocabulario de Mántaras, pro nel apartao dos ditames si aparece a forma garza. Reconozo que daquela nun ye din muitas voltas á palabra nin perguntéi por variantes, pro dáme que pensar el feito de que tempo despóis Manolo Galano, el escritor tapiego, me dixera a forma garcia como propia da Roda pra chamar esta especie (y que, por certo, tampouco nun meteran nel vocabulario que fixeran él y Jacinto Díaz). Ademáis, nos dous únicos portos da zona del galego-asturiano unde se recoyéu a súa denominación nel Atlas Lingüístico Marinero, os das Figueiras y Tapia, rexistróuse tamén garcia, con -i-. É evidente qu’el asomeñanza cua forma casteyana (tamén asturiana y galega) foi fendo recular a que debía ser variante máis característica del estremo occidental asturiano. Por úa persona veya nacida en Casarego (Tapia) sei qu’os d’antias dicían garcia, qu’ela fora acasteyanándose y qu’agora chamábayes garzas, pro que s’acordaba ben de súa madre dicíndoye qu’era igual qu’úa garcia porque tía as pernas largas como el ave. Tamén en Cartavio (Cuaña) recordaban esa forma usada de comparanza, anque con úa muyer que tía el pescozo largo y que dicían qu’era como úa garcia. Outros datos d’esta denominación déronmos na Veiga y Meredo (A Veiga), Brañatruiye y Obanza (Castripol), Gudín (El Franco) y Ortigueira (Cuaña).

Como dixen, hoi nel estremo occidental asturiano é máis búa de recoyer a variante garza, que me deron en Santalla, nel Valín y Granda (Castripol), Freisnedo y Villarín (El Franco), Trelles y Vivedro (Cuaña), Andés y Sante (Navia), Castriyón (Bual) y Carbueiro (Ibias), ademáis de na Veiga, Meredo, Ortigueira y Casarego, unde se manexaban as dúas variantes, garza y garcia.

Postura típica da garcia cua cabeza y el pescozo encoyido entre os ombros. Na veira del Río Nalón, en Caces (Uvieo) (14/11/2020).

Os vocabularios galegos que puiden consultar nun recoyen outra forma agá garza, pro nel obra Etnografía mindoniense, unde se xuntan colaboracióis na prensa del estudioso de Mondañedo Eduardo Lence Santar, usa a forma garcia, y tamén cita a versión correspondente del famoso refrán: Cando a garcia vai pró mar, colle os bois e ponte a arar. Tamén noutra obra qu’axunta material oral recoyido pol alumnao del seminario de Mondañedo, A carón do lume, aparece el refrán, anque cua forma garza: Cando a garza vai pra Meira pon a sella na goteira; Cando a garza vai pra o mar, colle os bois e vai arar. En conto al portugués, a denominación del ave ten a forma correspondente cua súa fonética: garça.

Os vocabularios dialectales del asturiano tampouco nun recoyen outro nome que nun seña garza. Así y todo, chama el atención qu’el Diccionariu Normativu nun incluya a variante garcia, condo el Atlas Lingüístico Marinero de Barriuso rexistra esta forma nos portos de Veiga (Navia), L’Arena (Sotu’l Barcu) y Bañugues (Gozón). É habitual a tresmisión de vocabulario entre os portos marineiros, el qu’esplica os datos máis al oriente, así que, a falta d’outros datos, pinta que tamos delantre d’outro caso máis d’úa denominación característica d’esa zona de transición tan interesante del oriente de Lugo y el occidente d’Asturias.

Despóis de tar un bon pedazo parada na veira del Nalón, a garcia bota a engalar. Vense ben as dúas plumas cayendo pra detrás da cabeza. Les Caldes (Uvieo) (10/2/2024).

A palabra garza é d’etimoloxía discutida. Coromines propuxo úa orixe prerromana núa forma hipotética *karkia porque en dalgúas linguas célticas actuales tein formas aparecidas na denominación del ave. A cousa é que na Romania namáis en casteyano, galego-portugués, asturlionés y valenciano (garsa) se dá esta clas de resultao: noutros sitos botan mao d’outros xeitos de chamarye, como el catalán (bernat pescaire, agró), aragonés (garrapescaire, pescataire), francés (héron), italiano (airone)… El nome en latín era ardea, palabra que ta na denominación científica da especie, acompañada del epíteto cinerea ‘cincenta, cardoxa’, pola color del plumaxe. Outros etimólogos buscan aquí a orixe de garza (árdea > *arza); pra esplicar el resultao con g-, García de Diego propón un cruce col latín gruius ‘grulla’. Outro elemento interesante é qu’á nosa pega (Pica pica) noutras linguas vecías chámanye d’un xeito aparecido: garza (aragonés), garsa (catalán), agaça (occitano), gazza (italiano)… Seña cual seña ese étimo misterioso, é evidente el parentexo de todas estas denominacióis, tanto dá que señan pr’Ardea cinerea ou pra Pica pica.

Pral caso del asturiano, unde ademáis garza ten tamén el acepción local de ‘gorgoleiro’, García Arias recoye todas estas hipótesis y propón outra máis: relacionalo cua influencia de garciu ‘gancho’, pola comparanza col xeito del pescozo da garza condo vai engalando, el que podía esplicar el amecedura d’ese g- inicial al nome del ave. A palabra garciu é úa creación analóxica a partir del feminino garfia ‘gazoupa, garra’, que vén del árabe garfah ‘puñao’. D’ei saliron palabras como a nosa garfela ou a garfiella/garciella del asturiano, ou el portugués garfo ‘tenedor’. Hai que reparar na facilidá de confusión, xa comentada máis veces, entre a labiodental (f) y a linguodental (ce, ci, z): cereixolo/fereixolo, cioyo/fioyo… Resulta clara a relación de significao entre todas esas palabras con garc-/garf-: en galego-asturiano temos a garcia/garfia ‘uñas da cabeza del martelo’, garcio ‘canía que s’inxerta’, garfio ‘xermolo’, garfa/garfia ‘gazoupa’, garfiar ‘arrapañar, botar a mao a daqué’…