Papers by Manuel Gonzalez
Gallaica lingua: Quo vadis?
Cadernos de Lingua, 2010
Na primeira parte deste texto faise unha revisión dos puntos débiles máis importantes da lingua g... more Na primeira parte deste texto faise unha revisión dos puntos débiles máis importantes da lingua galega neste momento, tanto no que se refire ao status, coma ao corpus. Analízanse, entre outros, aspectos como a perda de transmisión familiar, o aumento do monolingüísmo castelán, o proceso de urbanización, o papel da escola, a situación nos medios de comunicación e no mundo empresarial, a percepción social de que o galego é unha lingua pouco útil ou a baixa calidade do galego utilizado por sectores que actúan como referentes sociais. Fronte a isto contrapóñense iniciativas normalizadoras postas en marcha nos últimos anos, que, aínda sendo moi positivas, son insuficientes para frear o proceso de desgaleguización da nosa sociedade.

Cadernos de Lingua, 2003
Durante os anos 90, a Real Academia Galega elaborou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, un gran e... more Durante os anos 90, a Real Academia Galega elaborou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, un gran estudo cuantitativo de máis de 38.000 entrevistas no que se facía unha descrición pormenorizada da situación sociolingüística sondando catro dimensións: lingua inicial, competencia, usos e actitudes lingüísticas. O proxecto de investigación ‘Deseño de medidas para mellora las actitudes cara ó galego e incrementa lo seu uso’ na súa elaboración dun diagnóstico actitudinal pretende facer unha revisión dos resultados da última dimensión utilizando unha metodoloxía distinta, onde a triangulación adquire unha especial relevancia, combinando metodoloxías cuantitativas e cualitativas (medición indirecta de actitudes, entrevistas en profundidade e grupos de discusión). Os resultados atopados difiren dos obtidos no MSG. Resultan especialmente rechamantes aqueles que amosan resistencias fronte á normalización do galego.
La recuperación del gallego
Boletín da Real Academia Galega, 2004

Boletín da Real Academia Galega, 2010
Esta era a natureza que cada día vía e vivía Uxío Novoneyra. Este era o medio no que sufriron, se... more Esta era a natureza que cada día vía e vivía Uxío Novoneyra. Este era o medio no que sufriron, sentiron, se laiaron, riron e soñaron os seus devanceiros, xeración tras xeración. Se invoco estes topónimos non é máis ca para constatar unha realidade evidente: os nomes dos nosos lugares non son outra cousa máis ca galego. Aquí non hai Helechales nin Tejeros, nin Oteros, nin Robledos, nin Fuentecillas. As nais das nosas nais que labraron estas terras ao longo dos séculos non se expresaban noutra lingua que non fose o galego. Isto non o podemos esquecer nunca e hai que dicilo en voz alta, sen agresividade, pero con claridade. Non nos trabuquemos de patria; sería moito trabucarnos, como diría Uxío. E calquera política lingüística que pretenda superar a confrontación para acadar a concertación ten que basearse necesariamente nesta realidade histórica e ser consecuente con ela. Neste Courel, auténtico na natureza e nas xentes, Uxío decátase decontado de que a realidade física circundante está expresada en galego (os cumes, os vales, os soutos, as carballeiras, os castiñeiros do val, os cotolovíos, os ouriois, os cucos, os estorniños, a auga, os ventos), pero tamén as vivencias dos que a habitan: os traballos, a morte, os xogos, as conversas, as cantigas, os soños. Non é de estrañar, pois, que axiña identificase terra-pobo-historia-e lingua, e que exclamase, parafraseando a Pessoa: a miña patria é a fala galega. Neste aspecto Novoneyra non era orixinal: a concepción da lingua como espírito do pobo, como a maneira de ver o mundo dunha sociedade, fora difundida por toda Europa aló polos anos 30 pola chamada escola idealista, sobre todo por Leo Spitzer e Karl Vossler, e era tamén fundamentalmente a que tiña aquí Ramón Piñeiro. Se para Uxío a lingua é un elemento consubstancial coa terra, coa paisaxe, que arrinca das raiceiras do noso pobo e da nosa historia non é sorprendente que o seu modelo lingüístico sexa o modelo popular, o da fala do lugar, o da fala que aprendeu dos labios dos seus pais e dos seus veciños. A fidelidade íntima á fala do Courel e da súa contorna é algo que se mantén dunha maneira constante na produción de Uxío Novoneyra, por
Boletín da Real Academia Galega, 2004

Boletín da Real Academia Galega, 2006
Abrun 1259: "ipsum casal cum suis pertinenciis da Abrun et de Bacar" Lucas y Lucas, San P. de Ram... more Abrun 1259: "ipsum casal cum suis pertinenciis da Abrun et de Bacar" Lucas y Lucas, San P. de Ramirás, 334 < *aprunu < aper cf. gall. denteabruño. Alugueiro 1586: "dan a los labradores pobres bueyes a lugeyro, como acá dicen" Pegerto, Economía Mondoñedo, 249. Aadan co)-et co) Abyrron 1348: "sua alma sega maldita co) Aadan et co) Abyrron" Azevedo Maia, Hist. Gal.-Port., 160. Por Datan y Abiron. Abana castinaria-. que se 'abana'? Sin fecha, pero antes del s. XIII: "inde per ripam pro ad castinaria abana et inde uadit infesto pro ad suuerarias maiores" T. Sobr. I, 81. Machado DELP documenta Abanar s. XV. Abantadizos "que se vende con su jurisdicción civil y criminal luctuosas y abantadizos" Pegerto, Economía Mondoñedo, 467 n. Aberá 'habrá' Eiras Roel, 374. Abertal, avertal "se quejaban en enero de 1777 de que les pusieran "en abertal un pedazo de terreno que tenían zerrado de sobre sí"; 1787: "le cediesen libremente un pedazo de territorio yn culto y en avertal en los términos de este coto" Pegerto, Economía Mondoñedo, 189. Abesadoiro 1592: "con bueis y con un arado grande de abesadoiro, para arrancar las çepas" Pegerto, Economía Mondoñedo, 228. Abetocados 'provistos de bitoque' 1433: "dose millares de sardiña arenquada boa et merchante et tal que seja de dar et de tomar de mercador a mercador, os quaes vos debo dar entonelados et abetocados" Minutario Notarial Pontevedra, 115. Cf. betoque / bitoque, Sobreira, Papeletas. Abgua 'augua' 1461: "e á Pena Fousyña, abgua bertente per las Mestas ao Outeyro da Preguyçeyra, abgua bertente daquel cabo dos castyñeyros de Sorbeyra" VeFD. I, 142.
A Mi Dizen Quantos Amigos Ey Homenaxe Ao Profesor Xose Luis Couceiro 2008 Isbn 978 84 9887 118 0 Pags 469 478, 2008
L'espaciu agrariu n'Onís
Cultures Revista Asturiana De Cultura, 2002
Constantino García, in memoriam
Boletin Da Real Academia Galega, 2009
Seguimiento de E.E. en ovino y caprino
Carnica 2000, 2002

Metodología de los Atlas lingüísticos en España
Nazioarteko Dialektologia Biltzarra Agiriak 1991 Isbn 978 84 85479 68 9 Pags 151 177, 1991
LABURPENA Penintsulako atlasen ikuspegi historiko labur baten ondoren, hizkuntz atlas bat egiteko... more LABURPENA Penintsulako atlasen ikuspegi historiko labur baten ondoren, hizkuntz atlas bat egiteko eta-pak azaltzen dira: galdesorta, puntuen sarea, inkestatzaileak, berriemaileak, inkestak eta mapak burutzea. Arestian aipatutako atal bakoitzean, penintsulan egiten ari diren edo egin diren atlasen informazio zehatza ematen da. SUMMARY After a brief historical overview of peninsular atlases, an in-depth account is given of the different stages to be developed in the preparation of a linguistic atlas: the questionnaire, the network of points, the interviewer, the interviewees, surveys and the drawing up of maps. In each of the previous paragraphs, succinct and detailed information is given in the different peninsular atlases which have already been completed or which are still in preparation. IKER 7, 151-177
Plan de seguimiento y vigilancia del ganado porcino
Carnica 2000, 2002
Estudio acústico das vocais tónicas galegas en posición fonética normal
Actas Do Xix Congreso Internacional De Linguistica E Filoloxia Romanicas Vol 6 1994 Isbn 84 87819 21 4 Pags 141 179, 1994
O dominio .gal: a visibilidade da lingua galega en Internet
Grial Revista Galega De Cultura, 2014
O novo galego urbano
Cada Palabra Pesaba Cada Palabra Media Homenaxe a Anton Santamarina 2008 Isbn 978 84 9750 910 7 Pags 363 374, 2008
La verdad puede doler..., aunque ocultarla o no quererla ver..., más
Carnica 2000, 2006
Nomes xenéricos para designar os apeiros de labranza en galego
As Tebras Alumeadas Estudos Filoloxicos Ofrecidos En Homenaxe a Ramon Lorenzo 2005 Isbn 84 9750 523 9 Pags 375 390, 2005
Seseo: un término poco adecuado para la descripción de la realidad plurisistemática de la lengua gallega
Filologia Y Linguistica Estudios Ofrecidos a Antonio Quilis Vol 1 2006 Isbn 84 00 08401 2 Pags 253 262, 2006
Avance de la Agencia de Seguridad Alimentaria
Carnica 2000, 2001
Uploads
Papers by Manuel Gonzalez