Palabra de Vida Febreiro 2008
“ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos”  (Mt 5, 19).
Rodeado polo xentío, Xesús sobe á montaña e pronuncia o seu soado discurso. As primeiras palabras: «Benaventurados os pobres de espírito, benaventurados os mansos», xa indican a novidade da mensaxe que veu traer.   .
Son palabras de vida, de luz e de esperanza que Xesús entrega aos seus discípulos para que os iluminen e a súa vida adquira sabor e significado
l Transformados por esta gran mensaxe, convídaos a transmitir a outros as ensinanzas recibidas e traducidas en vida.   .
“ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos”  (Mt 5, 19).
Hoxe máis que nunca, a nosa sociedade necesita coñecer as palabras do Evanxeo e deixarse transformar por elas .
Xesús debe poder repetir de novo: non teñades xenreira aos vosos irmáns; perdoade e perdoaranvos;   dicide a verdade para non ter que acudir ao xuramento; amade aos vosos inimigos; recoñecede que tedes un só Pai e que todos sodes irmáns e irmás; todo o que queirades que os demais fagan por vós, facédeo tamén por eles. .
Este é o sentido dalgunhas das moitas palabras do "sermón da montaña", e se as vivísemos abondarían para cambiar o mundo.
Xesús invítanos a anunciar o seu Evanxeo. Pero antes de "ensinar" as súas palabras, pídenos que as cumpramos". Para ser cribles, teremos que ser "expertos" do Evanxeo, un "Evanxeo vivo". Só entón poderemos testemuñalo coa vida e ensinalo coa palabra.
“ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos””  (Mt 5, 19).
Cal é o mellor modo de vivir esta Palabra?
Permitir que sexa Xesús mesmo quen o ensine, atraéndoo a nós e entre nós co noso amor recíproco. .
El suxeriranos unha palabra para achegármonos ás persoas, indicaranos o camiño, abriranos a porta que dá ao corazón dos irmáns, e así dar testemuño del alí onde nos atopemos, ata nos ambientes máis difíciles e nas situacións máis intricadas .
Veremos que o mundo, esa pequena parte de mundo onde vivimos, transfórmase, convértese á concordia, á comprensión e á paz.
O importante é manter viva a súa presenza entre nós co noso amor mutuo, dóciles para escoitar a súa voz, a voz da conciencia, que sempre nos fala se sabemos acalar as demais. .
El ensinaranos como "cumprir" con alegría e creatividade ata os preceptos "mínimos", de maneira que cicelemos con perfección a nosa vida de unidade.
“ Que se poida repetir de nós, como unha vez se dixo dos primeiros cristiáns: «Mirade como se aman, e o un está disposto a morrer polo outro   ". Grazas ás nosas relacións renovadas polo amor, poderase ver que o Evanxeo é capaz de xerar unha sociedade nova.
Non podemos quedarnos co don recibido. Estamos chamados a repetir con san Paulo: “¡Ai de min se non predicase o Evanxeo!”
Se nos deixamos guiar pola voz interior, descubriremos posibilidades sempre novas de comunicar, falando, escribindo ou dialogando.
Que o Evanxeo, a través das nosas persoas, volva brillar nas nosas casas, nas nosas cidades, nos nosos países.
Tamén en nós florecerá unha nova vida; a alegría medrará no noso corazón; o Resucitado resplandecerá mellor. E El hanos considerar "grandes no seu Reino".
Demóstrao dun modo excelente a vida de Ginetta Calliari. Chegou a Brasil en 1959 e quedou impactada polas graves desigualdades do país. Puxo tesón no amor recíproco, vivindo as súas Palabras, e dicía: «El abriranos o camiño».
Co paso do tempo, ao seu lado desenvolveuse e consolidou unha comunidade que hoxe comprende centos de miles de persoas de toda categoría e idade, tanto habitantes das favelas como xente das clases acomodadas, que se pon ao servicio dos máis pobres.
E así puidéronse levar a cabo obras sociais que cambiaron o rostro das favelas en diferentes cidades. Un pequeno "pobo" unido que segue a dar mostras de que o Evanxeo é verdadeiro: ese é o dote que Ginetta levou cando partiu para o Ceo.   .
“ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos”  (Mt 5, 19).

More Related Content

PPS
PPS
27º domingo toc 2013
PPS
13º domingo toc 2013 bene pagola
ODP
Desafío fermoso
PPS
24º domingo tob 2015 bene pagola
PPS
14º domingo toc 2013
PPS
14º domingo toc 2013
27º domingo toc 2013
13º domingo toc 2013 bene pagola
Desafío fermoso
24º domingo tob 2015 bene pagola
14º domingo toc 2013
14º domingo toc 2013

Viewers also liked (20)

PPT
Amor como medicina
PPT
La Literatura En La EducacióN Infantil1
PPS
John Lennon
PPT
Siunperrofueramaestro
PPT
Y TU QUE DABES
PDF
CSS Frameworks
PDF
Controcorrente Dicembre 2008
PPS
Insolite et drole
PPT
L E C A R N A V A L
PPS
Situaciones Graciosas
PPS
ESTA ES MI COMUNIDAD
PPS
JOUR 3 : Saint Christophe par Rama
PPT
Five Star Service, One Star Budget-2
PPS
Agua Simplemente
PPT
Grav etter gull i Statistisk Sentralbyrås (SSB) sine nettsider
PPS
Ley De Atraccion El Secreto
PPT
Biblioteket Som Social Teknologi
PPT
πτυχιακή
PPT
Odd Heir Geo Gebra Kongsberg
PPT
Campeonato Distrital De Jovens 2008
Amor como medicina
La Literatura En La EducacióN Infantil1
John Lennon
Siunperrofueramaestro
Y TU QUE DABES
CSS Frameworks
Controcorrente Dicembre 2008
Insolite et drole
L E C A R N A V A L
Situaciones Graciosas
ESTA ES MI COMUNIDAD
JOUR 3 : Saint Christophe par Rama
Five Star Service, One Star Budget-2
Agua Simplemente
Grav etter gull i Statistisk Sentralbyrås (SSB) sine nettsider
Ley De Atraccion El Secreto
Biblioteket Som Social Teknologi
πτυχιακή
Odd Heir Geo Gebra Kongsberg
Campeonato Distrital De Jovens 2008

Similar to Palabra de Vida Febrero (20)

PPT
PPT
PPS
2º advento c 2012 bene pagola
PPT
PPS
14º domingo toc 2016 bene pagola
PPT
55 pv xullo 2012
PPT
PPS
3º domingo tob 2015
PPT
Palabra de-vida-agosto-2013
PPS
16º domingo toc 2016
PPS
31º todos os santos tob 2015
PPS
16º domingo toc 2013
PPS
17º domingo toc 2016
PPS
17º domingo toc 2016 bene pagola
PPT
49 pd v xaneiro 2012
PPS
PPS
19º domingo toc bene pagola 2013
PPS
6º pascua c bene pagola 2013
2º advento c 2012 bene pagola
14º domingo toc 2016 bene pagola
55 pv xullo 2012
3º domingo tob 2015
Palabra de-vida-agosto-2013
16º domingo toc 2016
31º todos os santos tob 2015
16º domingo toc 2013
17º domingo toc 2016
17º domingo toc 2016 bene pagola
49 pd v xaneiro 2012
19º domingo toc bene pagola 2013
6º pascua c bene pagola 2013

More from Nombre Apellidos (20)

PDF
Jornadas Asociación de Teólogas Españolas
PPT
Historia de la Escuela San Martín de Porres (Santiago de los Caballeros
PPT
cambio_sistemico_nociones
PPT
cambio_sistemico_fundamentos antropológicos y teológicos del cs guillermo cam...
PPT
cambio_sistemico_estrategias
PPT
cambio_sistemico_motivacion
PPT
Raíces Bíblicas del Jubleo
PPS
III Domingo de Advento
PPS
PPS
PPS
Desde Cbba
PPS
PPS
Domingoxxiv
PPS
PPS
Evanxeo dom XXI
PPS
Comingo 16
PPT
PPT
Jornadas Asociación de Teólogas Españolas
Historia de la Escuela San Martín de Porres (Santiago de los Caballeros
cambio_sistemico_nociones
cambio_sistemico_fundamentos antropológicos y teológicos del cs guillermo cam...
cambio_sistemico_estrategias
cambio_sistemico_motivacion
Raíces Bíblicas del Jubleo
III Domingo de Advento
Desde Cbba
Domingoxxiv
Evanxeo dom XXI
Comingo 16

Palabra de Vida Febrero

  • 1. Palabra de Vida Febreiro 2008
  • 2. “ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos” (Mt 5, 19).
  • 3. Rodeado polo xentío, Xesús sobe á montaña e pronuncia o seu soado discurso. As primeiras palabras: «Benaventurados os pobres de espírito, benaventurados os mansos», xa indican a novidade da mensaxe que veu traer. .
  • 4. Son palabras de vida, de luz e de esperanza que Xesús entrega aos seus discípulos para que os iluminen e a súa vida adquira sabor e significado
  • 5. l Transformados por esta gran mensaxe, convídaos a transmitir a outros as ensinanzas recibidas e traducidas en vida. .
  • 6. “ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos” (Mt 5, 19).
  • 7. Hoxe máis que nunca, a nosa sociedade necesita coñecer as palabras do Evanxeo e deixarse transformar por elas .
  • 8. Xesús debe poder repetir de novo: non teñades xenreira aos vosos irmáns; perdoade e perdoaranvos; dicide a verdade para non ter que acudir ao xuramento; amade aos vosos inimigos; recoñecede que tedes un só Pai e que todos sodes irmáns e irmás; todo o que queirades que os demais fagan por vós, facédeo tamén por eles. .
  • 9. Este é o sentido dalgunhas das moitas palabras do "sermón da montaña", e se as vivísemos abondarían para cambiar o mundo.
  • 10. Xesús invítanos a anunciar o seu Evanxeo. Pero antes de "ensinar" as súas palabras, pídenos que as cumpramos". Para ser cribles, teremos que ser "expertos" do Evanxeo, un "Evanxeo vivo". Só entón poderemos testemuñalo coa vida e ensinalo coa palabra.
  • 11. “ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos”” (Mt 5, 19).
  • 12. Cal é o mellor modo de vivir esta Palabra?
  • 13. Permitir que sexa Xesús mesmo quen o ensine, atraéndoo a nós e entre nós co noso amor recíproco. .
  • 14. El suxeriranos unha palabra para achegármonos ás persoas, indicaranos o camiño, abriranos a porta que dá ao corazón dos irmáns, e así dar testemuño del alí onde nos atopemos, ata nos ambientes máis difíciles e nas situacións máis intricadas .
  • 15. Veremos que o mundo, esa pequena parte de mundo onde vivimos, transfórmase, convértese á concordia, á comprensión e á paz.
  • 16. O importante é manter viva a súa presenza entre nós co noso amor mutuo, dóciles para escoitar a súa voz, a voz da conciencia, que sempre nos fala se sabemos acalar as demais. .
  • 17. El ensinaranos como "cumprir" con alegría e creatividade ata os preceptos "mínimos", de maneira que cicelemos con perfección a nosa vida de unidade.
  • 18. “ Que se poida repetir de nós, como unha vez se dixo dos primeiros cristiáns: «Mirade como se aman, e o un está disposto a morrer polo outro ". Grazas ás nosas relacións renovadas polo amor, poderase ver que o Evanxeo é capaz de xerar unha sociedade nova.
  • 19. Non podemos quedarnos co don recibido. Estamos chamados a repetir con san Paulo: “¡Ai de min se non predicase o Evanxeo!”
  • 20. Se nos deixamos guiar pola voz interior, descubriremos posibilidades sempre novas de comunicar, falando, escribindo ou dialogando.
  • 21. Que o Evanxeo, a través das nosas persoas, volva brillar nas nosas casas, nas nosas cidades, nos nosos países.
  • 22. Tamén en nós florecerá unha nova vida; a alegría medrará no noso corazón; o Resucitado resplandecerá mellor. E El hanos considerar "grandes no seu Reino".
  • 23. Demóstrao dun modo excelente a vida de Ginetta Calliari. Chegou a Brasil en 1959 e quedou impactada polas graves desigualdades do país. Puxo tesón no amor recíproco, vivindo as súas Palabras, e dicía: «El abriranos o camiño».
  • 24. Co paso do tempo, ao seu lado desenvolveuse e consolidou unha comunidade que hoxe comprende centos de miles de persoas de toda categoría e idade, tanto habitantes das favelas como xente das clases acomodadas, que se pon ao servicio dos máis pobres.
  • 25. E así puidéronse levar a cabo obras sociais que cambiaron o rostro das favelas en diferentes cidades. Un pequeno "pobo" unido que segue a dar mostras de que o Evanxeo é verdadeiro: ese é o dote que Ginetta levou cando partiu para o Ceo. .
  • 26. “ Quen cumpra [estes mandamentos] e os ensine, ese sarà declarado grande no Reino dos Ceos” (Mt 5, 19).