Cabo FISTERRA 2Ciencias sociais, xeograf ía e historia Segundo Curso www.vicensvives.es
2.
Índice Climas ypaisajes de España, Europa y la CA Os grandes reinos peninsulares 05 Galicia na Idade Media 06 07 O Islam e Al-Andalus 01 A Europa feudal 02 A cidade medieval 03 Formaci ón e expansión dos reinos peninsulares 04 Os grandes descubrimentos xeogr áficos 09 O Imperio dos Austria 10 O século do Barroco 11 Galicia na Idade Moderna 12 Os habitantes do planeta 13 A poboaci ón de España e de Galicia 14 A cidade e o urbano 15 Renacemento e Reforma A monarqu ía autoritaria: os Reis Católicos 08 As sociedades humanas 16
3.
Galicia na IdadeMedia 1. Da invasión musulmá á Coroa de Castela 2. Señores e campesiños 3. O Camiño de Santiago. O Románico en Galicia 4. Séculos XII-XIII: actividades económicas 5. Galicia: conflitos sociais na Baixa Idade Media 06 6. A arte gótica en Galicia
4.
Introduci ón Desdefinais do século VIII Galicia integrouse progresivamente no reino de Asturias e seguiu a súa mesma evolución política, aínda que sufriu as razias dos musulmáns ata o século X. A partir daquela, Galicia viviu unha grande expansión da agricultura, da artesanía e do comercio. Tamén se produciu un importante desenvolvemento das cidades. Pero no século XIV Galicia entrou nun período de crise económica e política que conduciu a unha serie de conflitos sociais durante o século XV, as guerras irmandiñas . 06
5.
1. Dainvasión musulmá á Coroa de Castela 1.1. A chegada dos musulmáns a Galicia 1.2. A integración no reino ástur-leonés 1.3. Galicia nos séculos X e XI 1.4. Galicia, da independencia á unión con Castela 06
6.
1.1. Achegada dos musulmáns a Galicia Os exércitos musulmáns non chegaron a ocupar a totalidade da Península Ibérica. A zona norte , por ser unha terra inhóspita para eles e de escaso rendemento agrícola , foi abandonada rapidamente. En territorio galego, as tropas musulmás chegaron entre o ano 713 e o 714 ata Lugo . Deste xeito, a mediados do século VIII, o territorio galego quedou á marxe dos enfrontamentos entre cristiáns e musulmáns. 06
7.
1.2. Aintegración no reino ástur-leonés Durante o reinado de Afonso I (739-757) Galicia quedou incorporada á coroa asturiana . Iniciouse un período de enfrontamentos entre a nobreza galega e os reis ástur-leoneses , con diversas rebelións. Ademais, vivíronse tempos de inseguridade provocada por varias invasións nos séculos IX e X. Tamén, no ano 997, o caudillo musulmán Al-Mansur ocupou e arrasou a cidade de Santiago. 06
8.
1.3. Galicianos séculos X e XI Ao final do século IX , ao morrer o rei ástur-leonés , repartiuse o reino entre os seus fillos, entregándolle Galicia ao seu fillo Ordoño I . Era a primeira vez que Galicia se constituía como reino independente (910). Ao longo dos séculos X e XI , Galicia manteríase en ocasións como reino independente ou unida ao reino de León. 06
9.
1.4. Galicia,da independencia á unión con Castela O rei de León e Castela (1071-1109) dividiu Galicia en dous condados, o propio de Galicia e o de Portugal. No ano 1109, un grupo de nobreza galega encabezado polo conde de Traba proclamou rei de Galicia a Afonso Raimúndez. No século XI púxose fin ao reino de Galicia, que a partir daquela pasou a depender definitivamente da Coroa de Castela . Nesa época impúsoxe o poder real o nobiliario . Galicia cada vez ten menos peso político e sufre unha castelanización. 06
10.
2. Señorese campesiños 2.1. A feudalización de Galicia 2.2. Nobres, bispos e abades 2.3. Os campesiños 2.4. Vila, vilar e casal 06
11.
2.1. A feudalizaciónde Galicia 06 Os monarcas ástur-leoneses temían o poder da nobreza galega , pero precisábana para gobernar e controlar o territorio. Para garantir o seu apoio e evitar levantamentos contra a autoridade real, pagaron a súa fidelidade coa concesión de importantes extensións de terras e señoríos ( feudos ). Familias nobres reciben títulos de nobreza (conde).
12.
2.2. Nobres, bispose abades En Galicia, a meirande parte da terra pertencía á nobreza , aos bispados e aos mosteiros . Un dos trazos máis característicos da sociedade galega foi a preponderancia dos bispos e abades , incluso máis poderosos que os nobres. IGREXA MOI PODEROSA As continuas doazóns e privilexios reais converteron o arcebispado de Santiago nun dos señoríos máis ricos e influentes dos reinos cristiáns, a Terra de Santiago . O mesmo lles sucedeu aos abades dos grandes mosteiros , como Sobrado, Samos ou Celanova. 06
13.
2.3. Os campesiñosEn Galicia tamén existían campesiños donos de pequenas propiedades. Pero teñen medo, ¿Qué poden facer? Así e todo, a inseguridade e o medo por mor das frecuentes incursións de musulmáns e normandos , provocaron que a meirande parte dos campesiños lles entregasen as súas terras aos grandes señores a cambio de protección , completándose así o proceso de feudalización . 06
14.
2.4. Vila, vilare casal Os campesiños vivían agrupados en vilas , ¿Qué son? pequenos núcleos rurais moi semellantes ás aldeas, baixo a protección e a dependencia dun señor . ¿Cómo eran?. Ao redor da vila atopábanse as hortas e outras terras de laboura. Máis afastadas, había grandes extensións de prados e montes. Medra a poboación, caván novas terras de cultivo e nacen os vilares , pequenas vilas, e os casais , explotacións unifamiliares illadas. A agricultura era a principal actividade económica das vilas. 06
15.
3. Ocamiño de Santiago. O Románico en Galicia 3.1. O Camiño de Santiago 3.2. A arte románica en Galicia • A catedral de Santiago ( ilustración ) 06
16.
3.1. OCamiño de Santiago Afonso II, rei de Asturias, mandou construír unha igrexa no lugar onde, segundo a lenda, se atopa a tumba do Apóstolo Santiago. A partir do século XI, esta igrexa converteuse nun dos principais centros de peregrinación da Cristiandade e deu orixe ao Camiño de Santiago. Polo camiño circulaban centos de peregrinos e así se crearon hospedarías, hospitais e unha gran cantidade de igrexas. Tamén se crearon núcleos fixos de artesáns e mercadores, e apareceron as cidades (Xaca, Estella, Pamplona, Logroño, Burgos, León, Santiago). O forte fluxo de viaxeiros propiciou o intercambio de ideas. 06
17.
3.2. Aarte románica en Galicia Existen gran cantidade de monumentos románicos conservados en Galicia, debido ao Camiño de Santiago. Este estilo desenvolveuse nos mosteiros. A Ribeira Sacra e a Ribeira do Miño concentran un maior número deles. Tamén se iniciou a construción de importantes catedrais (Santiago de Compostela, Mondoñedo, Lugo ou Ourense). En escultura salientan os modelos escultóricos da catedral de Santiago ou o Pórtico da Gloria da catedral de Ourense. Consérvanse tamén notables exemplos de ilustración de códices. 06
4.1. A agricultura.O foro 4.2. Pesca marítima e salgaduras 4.3. A artesanía. O comercio 4.4. As cidades • Desenvolvemento urbano en Galicia ( mapa ) 06 4. Séculos XII-XIII: actividades económicas
21.
4.1. Aagricultura. O foro O desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación provocaron a ampliación das terras de cultivo, o crecemento das antigas vilas e a aparición doutras novas chamadas vilanovas . O progreso da agricultura afectou a todos os cultivos e en especial á vide . Toda Galicia se poboou de viñedos . A nobreza e, sobre todo, os bispados e os mosteiros seguiron a ser os donos da meirande parte da terra. Pero o crecemento da produción agraria favoreceu o nacemento do foro , un contrato agrario . Mediante o foro, os grandes propietarios, nobres, bispos ou abades, cedíanlle terras a unha familia labrega a cambio dunha renda fixa ou proporcional. Normalmente unha colleita e a prestación de servizos . 06
22.
4.2. Pescamarítima e salgaduras 06 Estes séculos foron os do despegue da pesca marítima , favorecida pola retirada de normandos e musulmáns das costas galegas. As especies máis capturadas eran a pescada, o congro e a sardiña. Na súa captura utilizábanse artes de pesca (trasmallo, xeito, sacada, cerco…). Ainda se empregan hoxe. A pesca marítima, e en especial a sardiña , deu lugar a unha importante industria de salgaduras e á explotación de salinas no Salnés.
23.
4.3. Aartesanía. O comercio 06 Nesta época xorden os artesáns especialistas que asentan nas cidades. Nas cidades galegas abundaban os toneleiros, peleteiros, gornicioneiros, bolseiros e zapateiros. Nas vilas mariñeiras as actividades máis importantes xiraban ao redor das salgaduras de peixe . O aumento da produción agrícola e artesanal e o tráfico de peregrinos, reactivaron o comercio e a celebración de feiras e mercados nas principais cidades.
24.
4.4. Ascidades 06 O apoxeo das peregrinacións e o desenvolvemento da artesanía e do comercio deron lugar ao nacemento de numerosas cidades galegas. Moitas delas naceron ao longo do Camiño de Santiago . Outras cidades como Ourense, Tui ou Mondoñedo debíanlle a súa importancia ao feito de seren sés episcopais . A todas elas hai que lles engadir as vilas mariñeiras que medraron ao abeiro das actividades pesqueiras: Pontevedra, Muros, Noia, A Coruña, Ribadeo, Viveiro…
4.1 ESQUEMA 1.-¿Qué provoca o desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación? 2.-¿ A que cultivo afecta máis? 3.-¿ Quen segue a ser dono da terra? 4.-¿ Que é o Foro? 5.-¿ Como se facía?
27.
4.2. ESQUEMA 1.-¿Que sector despega nestes séculos? 2.-¿ Especies capturadas? 3.-¿ Como se pesca? 4.-¿ Que duas industrias nacen en Galicia?
28.
4.3. ESQUEMA 1.-¿Que é un artesán especialista? 2.-¿ Cales son os oficios artesáns máis populares? 3.-¿ Que acontece na vilas mariñeiras? 4.-¿ Que provoca esta mellora?
29.
4.4. ESQUEMA 1.-¿Por que nacen novas cidades? 2.- ¿Exemplos de vilas mariñeiras? 3.- ¿Onde radica a importancia de Ourense, Tui e Mondoñedo?
30.
5. Galicia:conflitos sociais na Baixa Idade Media 5.1. Unha época de penuria e dificultades 5.2. As irmandades 5.3. As guerras irmandiñas 06
31.
5.1. Unhaépoca de penuria e dificultades 06 Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e Europa, vivía tempos difíciles. ¿POR QUE? Ás continuas adversidades climatolóxicas , ás malas colleitas e á fame seguiulles a peste ( Peste Negra de 1348), que decimou a poboación de Galicia. Ademais iniciouse a decadencia da peregrinación a Santiago. Todo isto xerou moitos conflitos sociais que desembocaron, durante o século XV, nas chamadas guerras irmandiñas , as máis importantes revoltas antiseñoriais de Europa.
32.
5.2. Asirmandades O termo irmandiños procede de irmandades , asociacións de xente das cidades , características do final da Idade Media. ¿QUE SON E QUE DEFENDEN? Estas asociacións defendían o interese común dos cidadáns fronte os abusos dos señores e aseguraban o exercicio da xustiza. Nas cidades galegas a súa actuación dirixiuse, principalmente, contra os bispos , cuxos privilexios dificultaban o desenvolvemento do comercio e da artesanía. 06
33.
5.3. Asguerras irmandiñas No ano 1431 tivo lugar a Primeira Guerra Irmandiña . Este conflito afectou, principalmente, aos dominios dos Andrade, propietarios dunha comarca enteira que trataban os seus vasalos con extrema dureza. Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Segunda ou Gran Guerra Irmandiña . Esta revolta tivo un carácter de guerra civil xa que se estendeu por toda Galicia e nela participaron case todos os grupos sociais. As tropas irmandiñas foron derrotadas nas proximidades de Santiago. 06
34.
6. Aarte gótica en Galicia 6.1. Arquitectura 6.2. Escultura 06
35.
6.1. ArquitecturaA arte gótica implantouse maiormente nas cidades da man das ordes mendicantes, franciscanos e dominicos, que chegaron a Galicia no século XIII. A simbiose entre románico e gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do císter, como Armenteira , Acibeiro e Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo) e Oseira e Melón (Ourense). As construcións góticas en Galicia caracterízanse por renunciar ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas. Utilizaron os elementos góticos máis esenciais (bóvedas de cruzaría e arco apuntado). 06
36.
6.2. EsculturaA decoración dos tímpanos en igrexas e catedrais diminuíu durante este período aínda que existen importantes exemplos como a monumental portada da catedral de Tui. A escultura funeraria popularízase a partir de 1280, e esténdese de modo progresivo entre a nobreza e o clero medio. Así, durante as primeiras décadas do século XIV multiplicáronse os monumentos funerarios en igrexas, catedrais e conventos. Outras manifestacións significativas de escultura gótica galega son os baldaquinos, os retablos e as imaxes en madeira policromada. 06