O Rexistro Mercantil publica os datos xurídicos e económicos das sociedades e demais persoas que se inscriben no mesmo, de forma que poidan ser coñecidos por quen contracta con eles, contribuíndo á seguridade do tráfico xurídico mercantil.
O BORME está regulado polo Real Decreto 1784/1996, do 19 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Mercantil, e a súa edición electrónica réxese polo Real Decreto 1979/2008, do 28 de novembro.
Corresponde ao Rexistro Mercantil Central a publicación do BORME e á Axencia Estatal BOE as funcións de editor deste diario oficial.
O “Boletín Oficial do Rexistro Mercantil” publica os datos previstos na Lei e no Regulamento en dúas seccións:
As actos xurídicos contidos na Sección Primeira publícanse clasificados en bloques, existindo un por cada provincia. A orde dos bloques é a dos códigos postais correspondentes a cada unha das provincias.
Na Sección Segunda: “Anuncios e avisos legais” publícanse:
As publicacións da Sección Segunda seguen a orde alfabética da denominación das empresas.
Desde a páxina de inicio da sede electrónica www.boe.es pode acceder ao último número publicado do BORME.
A páxina do BORME do día ofrécelle o sumario ou índice completo de todo o publicado nesa data, ordenado por seccións de publicación. Porén, vostede pode seleccionar a Sección ou Subsección que resulte do seu interese.
Baixo o título de calquera disposición ofrécense as ligazóns para acceder directamente ao formato PDF e ao resto de formatos dispoñibles, no seu caso:
Se necesita consultar o número do BORME inmediatamente anterior, dispón na parte superior dereita da pantalla dunha icona a tal efecto:
Para acceder aos boletíns publicados noutras datas, na páxina de inicio encontrará o acceso ao “Calendario”, desde onde poderá desprazarse polos boletíns publicados desde o 2 de xaneiro de 2001 ata a actualidade (Seccións Primeira y Segunda, dispoñibles desde 2009).
Así mesmo, pode teclear directamente a data do seu interese na caixa:
Si, desde o 1 de xaneiro de 2009 a edición electrónica do "Boletín Oficial del Registro Mercantil" publicada na sede electrónica da Axencia Estatal BOE, ten carácter de oficial e auténtica.
Con anterioridade a esta data, só ten a consideración de oficial e auténtica a edición do BORME impresa en papel.
Para garantir a autenticidade, integridade e inalterabilidade do contido do “BORME”, a edición electrónica publicada na sede electrónica da Axencia a partir do 1 de xaneiro de 2009 incorpora a firma dixital avanzada.
Esa firma incorpórase por separado en cada unha das disposicións publicadas, o que permite asegurarse da autenticidade dunha disposición concreta sen necesidade de descargar o diario completo.
O proceso de firma electrónica bloquea e “conxela” o contido dun documento de modo que calquera alteración do mesmo invalida a firma electrónica incorporada.
O proceso de firma electrónica componse de dúas operacións.
Para validar un documento firmado por medios electrónicos, é dicir, para confirmar que non foi alterado por ningunha causa desde que se firmou, hai que realizar tres operacións:
O método de cálculo dos resumos ten tres propiedades interesantes: (a) a súa lonxitude é sempre fixa, independentemente da lonxitude do documento resumido, (b) unha alteración mínima no contido do documento produce un resumo moi distinto e (c) calcular un resumo non é unha operación simétrica: pódese calcular facilmente o resumo dun texto, pero non é posible reconstruír o texto a partir do resumo.
Para validar os documentos PDF do BORME electrónico, siga as instrucións do Manual de configuración para a validación da firma (PDF) e instale no seu navegador os certificados da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre:
O CVE, ou Código de Verificación Electrónica, consiste nun conxunto de caracteres que identifican de forma única calquera dos actos e anuncios publicados no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil.
Este código está impreso en todas e cada unha das páxinas de cada disposición, acto ou anuncio publicados e facilita o acceso ao documento electrónico orixinal na páxina web da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.
Porque calquera copia realizada en papel dos orixinais electrónicos do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil a partir do 1 de xaneiro de 2009 terá consideración de copia auténtica se inclúe o CVE.
Deste modo, o CVE permite contrastar a autenticidade de calquera páxina do BORME impresa en papel mediante o cotexo co documento electrónico orixinal.
Na páxina de acceso ao BORME pode introducir o CVE e obter o documento orixinal, firmado por medios electrónicos, directamente dos arquivos electrónicos da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.
Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado
Avda. de Manoteras, 54 - 28050 Madrid